Icono

Escritura: da iluminación de manuscritos á impresión

Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña
A Coruña
17
Jul
2021
12:00
17
Jul
2021
12:00

Os participantes neste taller descubrirán os segredos da escritura e como evolucionou ao longo da historia, desde as primeiras representacións artísticas do Paleolítico, ata a chegada da imprenta na Idade Moderna. Converterémonos en escribas medievais usando os útiles do pasado, practicando caligrafía medieval e iluminando unha letra.

Compartir

A memoria reimaxinada

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Ourense
18
May
2021
20:30
18
May
2021
20:30

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”.

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas a actuación de Quico Cadaval "A memoria reimaxinada".

Será no Liceo de Ourense, no Salón Nobre. A capacidade está limitada a 50 persoas, con entrada libre ata completar as prazas.

Tamén será retransmitida vía streaming, na páxina web do museo.

 

Compartir

As primeiras xornalistas. Elas escribiron a historia

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
06
Apr
2021
15:00
06
May
2021
21:00

A exposición realizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia é un recoñecemento ás precursoras galegas da comunicación. Xornalistas, escritoras, mulleres comprometidas que contribuíron irremediablemente á modernización política, social e cultural, empregando o máis indestrutible instrumento de poder; a palabra, na súa escrita, na súa voz, na súa capacidade de comunicar.

Nesta mirada desde a historia, imprescindible na loita pola igualdade de xénero, encontramos as opinións agudas de Emilia Pardo Bazán escritas en mais de dous mil artigos de prensa; pioneiras como Mª Luz Morales, primeira directora dun xornal; cultivadoras de versos en galego como Filomena Dato; críticas literarias eternamente cuestionadas como Concha Castroviejo ou corresponsais de guerra como Sofía Casanova. Mulleres que demostraron que no cumio do xornalismo tamén hai nomes de muller.

A exposición pode visitarse no vestíbulo da biblioteca durante o horario de apertura.

Compartir

A Lingua das Bolboretas

Casa da Cultura do Milladoiro
Ames
29
Jan
2021
20:30
29
Jan
2021
20:30

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o
protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a
liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo)
e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto
que xera o estalido dunha guerra civil.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o
neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas
realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos),
facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do
protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das
liberdades humanas.

Elenco: Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Callelja, Sabela Gago, Josito
Porto e Elena Seijo

Compartir

Exposición 'Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento'

Biblioteca de Galicia
Santiago de Compostela
21
Dec
2020
10:00
05
Mar
2021
20:00

A Biblioteca de Galicia [1] acolle ata principios do
próximo marzo a exposición 'Lugín en Compostela, 150 anos do seu
nacemento' unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe ao autor da
célebre novela 'La Casa de la Troya' a través dun percorrido histórico
sobre o impacto desta publicación e os vínculos do xornalista coa cidade de
Santiago de Compostela.

Trátase dunha exposición imprescindible para coñecer a sólida
relación de Pérez Lugín con Galicia e poñer en valor a fonda pegada que
esta publicación deixou na literatura como referente da denominada novela
estudantina a través dunha excelente descrición da Galicia.

A Biblioteca de Galicia expón así deferentes pezas e exemplares únicos a
través de cinco eixos temáticos. O primeiro deles céntrase na cidade de
Compostela en tempos da Casa da Troia, mentres que o segundo afonda no
impacto da novela e do emprego da linguaxe expresiva na época. O terceiro
dos eixos baséase nas versións teatrais e cinematográficas das
publicacións e o cuarto nos libros que tratan sobre a Casa da Troia, entre
eles a primeira edición de La Casa de la Troya, de 1915, cuxa portada fixo
Castelao e que recibiu en 1916 o premio Fastenrath da Real Academia
Española. O último dos apartados leva o título de A Casa da Troia: un
fenómeno editorial.

Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento poderá verse, con entrada
gratuíta, na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura ata o 5 de
marzo en horario de 10.00 a 20.00 horas.

[1] http://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl

Compartir

Xurásico perdido

Pazo da Cultura
Narón
01
Nov
2020
18:00
01
Nov
2020
18:00

O famoso arqueólogo Florentino Amechuino descubre a Dino, un dinosauro do Xurásico moi peculiar que mantívose oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico.

Ante o asombro de Florentino, Dino revive e o transporta a un mundo fascinante.

Manipulador: Jorge Rey

Compartir

Letras Galegas virtuais mediterráneas

Evento online
Santiago de Compostela
24
May
2020
10:00
30
Jun
2020
21:00

O pasado domingo día 17 de maio as entidades galegas de Castelló, Valencia, Alacant, Tarragona,  Cerdanyola,  Mollet, La  Llagosta, Santa Coloma,  Toxos e  Xestas de Barcelona e Cova da  Serpe de Barcelona realizaron tres actos do Día das Letras Galegas diferentes ao que viñan facendo habitualmente como consecuencia da pandemia do coronavirus.

A Fegalcat, as entidades galegas da Comunidade Valenciana,  Cova da  Serpe e  Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma realizaron vídeos coa participación de, entre outras e outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario  xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o asesor de Emigración da Deputación de Ourense, Manoel Carrete; alcaldes e alcaldesas e representantes autonómicos das Comunidades de recepción.

O audiovisual da  Fegalcat centrouse na lectura de poemas de Rosalía de Castro en catalán e galego por distintas persoas do mundo asociativo, da cultura ou da política así como unha introdución sobre a biblioteca de Carvalho Calero por parte do presidente do Parlamento e dúas interpretacións musicais de María do Ceo e Lucía Pérez; contou coa colaboración da obra social de La Caixa. Airiños da  Nosa Galicia de Santa Coloma e as entidades galegas da Comunidade de Valencia centraron os seus audiovisuais na figura do homenaxeado polo Día das Letras Galegas  2020 con música das e dos compoñentes das entidades así como recitais e a historia do homenaxeado. Por parte de Cova da  Serpe, que preside Domingo Balboa, realizouse un audiovisual cun recital poético sobre a obra de Carvalho Calero.

Estas entidades interactuaron entre elas así como entre os seus asociados e asociadas e demais persoas que conectaron desde distintas plataformas dixitais.

Compartir

O Milagre de San Vicente

/sites/default/files/styles/slider/public/media/image/san_vicente.jpg?itok=Pn-4b8dN
Praza do Campo
Lugo
29
Jul
2020
20:00
29
Jul
2020
21:00

Un ano maís, da Fonte de San Vicente, na Praza do Campo, volverá a manar viño que será repartido de xeito gratuito entre os asistentes. A celebración, organizada pola asociación de empresarios Lugo Monumental en colaboración con Viliga (viños e licores galegos) e o Concello de Lugo, contará con animación musical. As orixes desta tradición localizanse hai cincuenta anos e desde o ano 2014, Lugo Monumental repite esta celebración cada 29 de xullo, día de Santa Marta (patroa da hostalería).

Compartir

Clic Xanela: Fotografías desde a xanela

/sites/default/files/styles/slider/public/media/image/keyboard-338505_960_720.jpg?itok=PxAztFzS
Curso online
24
Apr
2020
10:00
30
May
2020
20:00

Atréveche con Clic  Xanela, un curso de fotografía en liña con sinxelos consellos impartidos por Óscar Corral.

O fotógrafo galego, colaborador da Cidade da Cultura, axencia EFE e La Voz de Galicia e O País, convídanos a tirar proveito da cámara do noso móbil e das xanelas deste obrigado #quedaencasa. Con ambos, vai asesorar como rescatar da mellor maneira posible eses divertidos ou especiais momentos que se coan polos cristais.

Con todas as fotos (compartidas nas redes ou enviadas a onlinecidadedacultura@gmail.com  ) irase creando un álbum-mosaico de tantas xanelas como vidas!

Compartir

Aula GaliciaAberta: Baile galego

/sites/default/files/styles/slider/public/media/image/95013605_151366746421316_3746583354795884544_o.jpg?itok=za8MlaVl
Clase online
07
May
2020
20:00
07
May
2020
22:00

Aula GaliciaAberta imparte os xoves a clase de baile galego a cargo do profesor José Antonio Viñas. Pica aquí para coñecer o curso promovido pola Secretaría Xeral dá Emigración, que podes seguir a través de Facebook Ao vivo.

Compartir