Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
06
Apr
2021
15:00
06
May
2021
21:00

A exposición realizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia é un recoñecemento ás precursoras galegas da comunicación. Xornalistas, escritoras, mulleres comprometidas que contribuíron irremediablemente á modernización política, social e cultural, empregando o máis indestrutible instrumento de poder; a palabra, na súa escrita, na súa voz, na súa capacidade de comunicar.

Nesta mirada desde a historia, imprescindible na loita pola igualdade de xénero, encontramos as opinións agudas de Emilia Pardo Bazán escritas en mais de dous mil artigos de prensa; pioneiras como Mª Luz Morales, primeira directora dun xornal; cultivadoras de versos en galego como Filomena Dato; críticas literarias eternamente cuestionadas como Concha Castroviejo ou corresponsais de guerra como Sofía Casanova. Mulleres que demostraron que no cumio do xornalismo tamén hai nomes de muller.

A exposición pode visitarse no vestíbulo da biblioteca durante o horario de apertura.

Compartir