Evento online
Santiago de Compostela
24
May
2020
10:00
30
Jun
2020
21:00

O pasado domingo día 17 de maio as entidades galegas de Castelló, Valencia, Alacant, Tarragona,  Cerdanyola,  Mollet, La  Llagosta, Santa Coloma,  Toxos e  Xestas de Barcelona e Cova da  Serpe de Barcelona realizaron tres actos do Día das Letras Galegas diferentes ao que viñan facendo habitualmente como consecuencia da pandemia do coronavirus.

A Fegalcat, as entidades galegas da Comunidade Valenciana,  Cova da  Serpe e  Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma realizaron vídeos coa participación de, entre outras e outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario  xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o asesor de Emigración da Deputación de Ourense, Manoel Carrete; alcaldes e alcaldesas e representantes autonómicos das Comunidades de recepción.

O audiovisual da  Fegalcat centrouse na lectura de poemas de Rosalía de Castro en catalán e galego por distintas persoas do mundo asociativo, da cultura ou da política así como unha introdución sobre a biblioteca de Carvalho Calero por parte do presidente do Parlamento e dúas interpretacións musicais de María do Ceo e Lucía Pérez; contou coa colaboración da obra social de La Caixa. Airiños da  Nosa Galicia de Santa Coloma e as entidades galegas da Comunidade de Valencia centraron os seus audiovisuais na figura do homenaxeado polo Día das Letras Galegas  2020 con música das e dos compoñentes das entidades así como recitais e a historia do homenaxeado. Por parte de Cova da  Serpe, que preside Domingo Balboa, realizouse un audiovisual cun recital poético sobre a obra de Carvalho Calero.

Estas entidades interactuaron entre elas así como entre os seus asociados e asociadas e demais persoas que conectaron desde distintas plataformas dixitais.

Compartir