Icono

Nexos en Monterrei

Castelo de Monterrei
Monterrei
01
Aug
2021
19:30
01
Aug
2021
19:30

Propulsa Danza é un marco de diálogo entre disciplinas e expresións culturais, que permitirá exhibir todo o potencial creativo e patrimonial que atesoura Galicia. Busca compartir co público o magnífico momento creativo da danza en Galicia, á vez que poñer en valor o noso gran patrimonio cultural e paisaxístico.

Compartir

Galicia a un paso de ti

Sede Afundación Ourense
Ourense
22
Sep
2021
11:00
21
Nov
2021
20:00

Adolfo Enríquez de Porto do Son, 1965 comezou na fotografía aos 14 anos, por casualidade, cando seu pai trouxo a casa unha Yashica 35 que atopou abandonada. Desde entón, a fotografía é unha presenza constante na vida de Adolfo quen mostra unha gran paixón polos escenarios naturais de Galicia. Unha paixón plasmada en guías e revistas de viaxes.

Galicia é unha terra atlántica que leva séculos exercendo un fascinante poder de atracción. É aquí onde os antigos situaban o fin do mundo, o finis terrae. E é o seu capital, Santiago de Compostela, o destino final para miles de peregrinos que percorren o Camiño de Santiago.

Hoxe, Galicia é un mundo que conxuga tradición e modernidade nun equilibrio harmónico. Un país verde ao bordo dun mar azul. Un destino turístico cun clima suave, unhas praias espléndidas, un interior bañado por mil ríos, unha paisaxe con historia e, o máis importante, unha xente aberta e soñadora.

Unha terra cunha natureza privilexiada da que dan testemuño os seus seis parques naturais e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que alberga as paradisíacas illas Cíes.

Pero ademais Galicia ofrece un patrimonio artístico que alimenta o espírito. Os seus atractivos son de tal envergadura que algúns foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco: o Camiño de Santiago, o centro histórico de Santiago de Compostela, a Muralla Romana de Lugo e a Torre de Hércules. A esta lista seguramente se engadirá no futuro próximo a Ribeira Sacra, unha experiencia de viñedos milenarios, igrexas románicas e mosteiros barrocos entre os canóns dos ríos Sil e Miño.

Galicia é única, unha esquina privilexiada deste planeta, pero moitas veces necesitamos parar, coller aire e observar de novo todo o que nos rodea. Os acontecementos extraordinarios que vivimos durante este último ano son unha oportunidade para volver os nosos ollos cara a Galicia e así coñecer mellor a terra que nos acolle.

É por esa razón que Turismo de Galicia decidiu levar a cabo a exposición Galicia a un paso de ti, que estará presente nas sete cidades galegas ao longo do ano 2021. Con ela quérese animar a que os propios galegos, e todos aqueles que nos visiten, coñezan e descubran (ou redescubran) os centos de recursos e atractivos turísticos desta terra. Non estarán todos os que son, é imposible recollelos nunha única exposición, pero se valerá para mandar a mensaxe de que temos todo un mundo por descubrir a escasa distancia do noso lugar de residencia.

A primeira exposición terá lugar en Santiago de Compostela e estará aberta ao público do 30 de marzo ao 15 de maio na Sede Afundación da rúa do Vilar en horario de luns a sábado de 17:00 a 20:30 horas. 

Compartir

Retallos de aquí e acolá

Biblioteca Pública de Ourense
Ourense
13
Jul
2021
12:00
13
Sep
2021
12:00

Mostra etnográfica procedentes de diversas doazóns de usuarios e usuarias da Biblioteca con obxectos do século pasado.

Poderase visitar no 2º andar e no horario de apertura da Biblioteca.

Compartir

Carta de Santiago | Diálogos para unha sociedade de futuro

Edificio Fontán
Santiago de Compostela
05
Nov
2021
11:00
07
Nov
2021
20:00

Evento público pioneiro no marco do Xacobeo 21-22, o encontro internacional Carta de Santiago nace con vocación de impulsar a reflexión e o debate e dar voz á comunidade global nun momento de profundos cambios de valores trala crise epidemiolóxica. Este espazo abrirase á participación de figuras relevantes en distintos ámbitos da cultura e a sociedade, figuras de prestixio internacional, recoñecidos polo seu labor en distintas disciplinas, que debaterán sobre o modelo de sociedade que está por vir, e sobre como queremos participar del, desde a positividade, a integración e a sustentabilidade. Complementarase ademais con propostas artísticas de creadoras e creadores.

O encontro promove a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade, entendida ao redor de catro áreas: economía, medio ambiente, ciencia e cidadanía, dentro dunha matriz conceptual sistémica e ecosocial, integradora das singularidades, e con perspectiva de xénero. Nestas catro grandes áreas articularanse 21 temáticas de reflexión, que inclúen temas como clima, océanos, territorios e transición enerxética no campo medio ambiental; xenética, neurociencia, intelixencia artificial, saúde ou utopías e distopías no campo científico; economía rexenerativa e do ben común, modelo de mercado, dixitalización e emprendemento no campo económico; e educación, desigualdades, identidade, fronteiras, arte, pensamento e participación cidadá no campo político-social. Deste foro de debate xurdirá a publicación Carta de Santiago, un documento no que se recollan as reflexións xeradas no encontro e tamén textos que complementen as conversas e debates ao vivo.

O encontro está organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galicia, declarada de Interese Gallego, que ten como misión promover a igualdade de oportunidades e favorecer o desenvolvemento persoal e social mediante a creación de propostas e proxectos innovadores e sustentables. Actualmente, a actividade da Fundación Paideia Galicia estrutúrase en 5 eixos de traballo: discapacidade e emprego; mocidade e mobilidade; emprendemento; desenvolvemento territorial; e formación e divulgación. A través deste último, conforma un espazo aberto á cidadanía para a promoción do coñecemento crítico.

Compartir

Camiña Galicia

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
01
Jul
2021
08:30
31
Aug
2021
23:30

Na sala infantil xa podes atopar esta selección de libros sobre os Camiños de Santiago para os máis cativos e cativas.

Compartir

Atlantic Fest 2021: Second + Kings Of The Beach + Mounqup

Pinar Playa de la Concha
Vilagarcía de Arousa
24
Jul
2021
20:00
24
Jul
2021
20:00

A banda de pop Second repasará a súa traxectoria e tocará os temas do seu último disco "Aneis e Raices".

Os murcianos estrearon en marzo deste 2021 o single "A túa Canción de Despedida" que formará parte do novo traballo discográfico no que traballan actualmente.

Kings of The Beach son unha banda de garage e punk rock de Vigo con directos cheos de forza, caos e tolemia. Contan cun Lp editado en 2018, "Super Awkward, Fucking Awesome ", e preparan novo disco do que adiantaron o single "Satellite".

Mounqup é unha cantautora francesa-galega que mestura jazz e electrónica. Presenta o seu segundo disco; "Castro Verdi".

Actúan dentro do Atlantic Fest 2021 que se celebrará entre os días 12 e 24 de xullo e que conta con artistas como Ortiga, A Habitación Vermella, Lori Meyers, Dorian, Sidonie, Chucho ou Derby Motoreta's Burrito Kachimba.

Compartir

Leo Nucci, el regreso del mito

Teatro Colón
A Coruña
19
Sep
2021
20:00
19
Sep
2021
20:00

Arias, dúos e escenas de óperas de Gioacchino Rossini, Vincenzo Bellini, Giuseppe Verdi.

Compartir

Xogo de pistas: descubrindo a vida no Castro de Elviña

Castro de Elviña
A Coruña
24
Jul
2021
11:30
21
Aug
2021
11:30

Descubrindo o seu patrimonio arqueolóxico, natural e etnográfico, mentres xogamos buscando pistas que nos axudarán a coñecer as diferentes edificacións escavadas, vivendas, murallas defensivas, alxibe... así como o día a día dos antigos habitantes deste poboado fortificado prehistórico da Idade do Hierro.

Compartir

Lucernas: iluminando brigantium

Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña
A Coruña
14
Aug
2021
12:00
14
Aug
2021
12:00

Aproximarémonos á importancia do descubrimento do lume e a súa manipulación na evolución da nosa especie. Primeiro, realizaremos un percorrido polas diferentes salas da exposición permanente, onde coñeceremos as orixes e a multitude de usos do lume. Despois, exploraremos mediante a manipulación de réplicas, algúns dos métodos máis antigos para a súa produción, e coñeceremos os diferentes soportes inventados a través do tempo para manipular e tentar conter este prezado elemento. E para pechar, mergullarémonos no mundo romano onde profundaremos de maneira práctica no deseño de nosa propia lucerna romana.

Compartir

Cultivos milenarios

Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña
A Coruña
07
Aug
2021
12:00
07
Aug
2021
12:00

Neste taller achegarémonos á época castrexa, coñecendo a importancia da agricultura e a gandería como fonte de recursos alimenticios, e descubriremos, con axuda da manipulación de réplicas arqueolóxicas, que a tecnoloxía da época xogou un papel fundamental para a supervivencia e o desenvolvemento das sociedades humanas. Finalmente, na parte práctica do taller aprenderemos o método de agricultura "bóla de arxila" tamén coñecida como Nendo Dango, e prepararemos nosa propia semente para levar a casa e plantala onde queiramos.

Compartir