• As axudas ao retorno emprendedor han favorecido xa máis de 500 proxectos mobilizando ata 25 millóns de euros
27
Oct
2021

Galicia aposta polo retorno, pola volta a casa deses miles de fillos e netos de galegos que un día que tiveron que partir. E faio con feitos concretos, con programas e accións das que vos vimos falando como as bolsas BEME ou as axudas ao retorno emprendedor. Destas facía balance nas últimas horas o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacando que o programa favoreceu xa o impulso de máis de 500 proxectos e unha mobilización de 25 millóns de euros desde a súa posta en marcha.

Estas axudas oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros en función do proxecto, e permitiron apoiar a retornados dos cinco continentes e de 40 países. A media de idade de todos os que retornastes a través deste programa sitúase nos 41 anos, destacando sectores como a hostalería e o comercio, a industria 4.0, o naval, o téxtil, as telecomunicación ou os servizos. Un perfil que, como destaca Feijóo, apunta á excelencia: "Dous de cada cinco rexistrados contan cun máster no seu currículo, o que mostra a súa excelencia".

Este programa de apoio ao retorno emprendedor é unha pata máis da 'Estratexia Retorna', que promove Galicia para todos aqueles que queredes volver a casa. Dotada con 280 millóns de euros, está cunha batería de medio centenar de medidas, que van desde ao mencionado apoio ao autoemprego a outras de carácter social, de apoio pola pandemia, ou as mencionadas bolsas de excelencia académica 'BEME', que beneficiaron xa a 700 retornados para cursar un máster nalgunha das tres universidades galegas.

"De Galicia non se sae, a Galicia vén", destacaba Feijóo durante a súa intervención no encontro 'Retorno Emprendedor: Programa Merlo', unha iniciativa de mentores impulsada en colaboración coa Fundación Ronsel para axudar a este colectivo o seu proxecto.

Nesta liña, o presidente galego destaca que o futuro do territorio "pode ser moi prometedor" grazas a todo este colectivo de emprendedores que vén impulsar o seu proxecto na comunidade, instando a traballar para que estes proxectos triunfen, para lograr "un efecto tractor" para outros potenciais interesados.

De feito, en 2019 o saldo positivo de persoas que entraron respecto a as que se marcharon da comunidade ascendeu a 19.800, mentres que en 2020 situouse en 14.616 a pesar da incidencia da pandemia sanitaria.

Compartir