• Nada a finais de 2019 co obxectivo de crear lazos que favorezan a integración social en Galicia, a asociación promove, co apoio do goberno galego, actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, e a difusión e promoción das mesmas na nosa terra
25
May
2022
Cunha socia da asociación de mozos retornados.

Volviches a Galicia e non sabes por onde empezar? Non te preocupes, hai xente que xa pasou ese proceso e que está disposta a levarche da man neste camiño de retorno. É o caso da Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA), impulsada en 2019 por bolseiros das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) co obxectivo de crear lazos que favorezan a integración social en Galicia dos mozos retornados. 

Para facilitar esta e outras actividades, a súa presidenta, Belén Rosbier, acaba de asinar un convenio de colaboración co goberno galego. Un documento que destina 20.000 euros a esta organización para financiar gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos retornados, organización de actividades culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia co obxectivo de ofrecer aos galegos que volven á comunidade autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á nosa sociedade. 

O acordo senta así as bases para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residen no exterior, así como ás que retornen á nosa terra.  

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral dá Emigración, continúa así a colaboración con esta entidade para ofrecer a aqueles que retornades a Galicia a maior cobertura posible no voso proceso de adaptación, especialmente no caso de quen fuches beneficiados por unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME).

De feito, esta asociación constituíuse en 2019 por bolseiras e bolseiros da primeira promoción deste programa e continúa crecendo cos novos beneficiarios que se suman cada ano. Mozos que xa percorreron o camiño do retorno e que buscan achegar toda a súa experiencia aos demais.   

Compartir