- A iniciativa persegue poder trazar o mapa de relacións dunha persoa nos dous días anteriores ao seu contaxio.
- O uso de Bluethoot sitúaa na senda europea e na de países asiáticas como Singapura, cun reducidísimo índice de contagios.
Mentres que a curva de contaxios continúa descendendo, tanto en España como en Galicia, empresas e administracións levan tempo traballando no mundo post-covid. Ese que demos en chamar a ‘nova normalidade’, e no que, á espera dunha vacina que nos devolva a ‘normal normalidade’, resulta imprescindible dotarse dos mecanismos necesarios que preveñan un posible rebrote.
Neste sentido, Galicia está a traballar nunha nova aplicación que persegue rastrexar os posibles casos de contaxio de Covid-19, que ten como obxectivo trazar o mapa de relacións que teña unha persoa a través do teléfono. Mediante o uso de tecnoloxía Bluethoot, o obxectivo é poder contactar con aquelas persoas coas que un contaxiado estea en contacto nas 48 horas anteriores a sufrir os primeiros síntomas.
Para a súa aplicación, sería necesario, en primeiro lugar, a vontade da cidadanía de descargar a app e conceder acceso aos seus contactos. A partir de aí, o obxectivo pasaría por telefonalos e establecer con cada unha corentena de 14 días. Despois realizaríaselle un test PCR que, en caso de dar negativo, permitiralle reincorporarse á rutina diaria.
O uso da tecnoloxía Bluethoot sitúa esta aposta galega na mesma liña da adoptada por Europa, que hai unhas semanas presentaba a iniciativa Rastrexo Paneouropeo de Proximidade para Preservar a Privacidade. Esta aplicación móbil PEPP-PT (Pan-European Privacy-Preserving Proximity Tracing) busca servir de base para que os países do continente elaboren as súas solucións para o desescalado progresivo do confinamento.
O BLUETHOOT, FRONTE A XEOLOCALIZACIÓN, RESPECTA A INTIMIDADE DO USUARIO
Neste caso, como no galego, a utilización de Bluetooth e non de geolocalización, contribúe a dotar dun maior anonimato aos cidadáns. De feito, a propia Comisión Europea suxería o mes pasado a prevalencia desta opción sobre a do GPS, xa que no caso do Bluethoot o rastrexo efectúase fóra dos dispositivos.
Intimidade e efectividade
Así mesmo, e tan importante como a mencionada privacidade, é que esta tecnoloxía menos invasiva da intimidade non diminúe o éxito do rastrexo nin o control dos contaxios. De feito, numerosos países asiáticos levan tempo empregando apps con Bluethoot para seguir o virus, detectar novos contagios e previr outros.
Un claro exemplo da utilidade deste tipo de aplicacións é Singapura. Con 5,7 millóns de habitantes, o país asiático suma só 21 falecidos rexistrados por Covid-19. Desde o principio, e de face a evitar unha escalada de contagios, o seu Goberno lanzou xa en marzo unha aplicación bautizada como ‘TraceTogether’ que, en lugar de usar o GPS, emprega o Bluetooth transformando o móbil nunha especie de radar que se conecta durante uns milisegundos a outros dispositivos próximos ao seu paso.
Así, cando un cidadán párase a falar con outro, a app emite un identificador cifrado que capta o móbil da outra persoa. Unha relación tecnolóxica que tamén se establece no outro sentido. Desta forma, vanse colleitando identificadores que permiten ao Goberno saber a que móbil pertencen, e illar á poboación que estea en contacto cando xorde un positivo.
A dobre vía galega
No caso da app galega, a administración autonómica traballa nunha dobre vía de utilidade desta aplicación. Dun lado, permitirá ao Sergas comunicarse con persoas vulnerables (fundamentalmente, maiores e xente con patoloxías previas); e, doutro, trazar ese mapa interrelaciones persoais coa mínima invasión posible da intimidade dunha persoa.
En definitiva, un importante paso para achegar a ‘nova normalidade’ á ‘normal normalidade’. Esa que chegará cando o coronavirus non sexa máis que un mal recordo. Mentres tanto, calquera prevención é pouca para evitar rebrotes.