• Máis de 130 estudantes solicitaron información cubrindo as 30 prazas desta especialidade cuxas clases comezaron onte cunhas xornadas técnicas sobre a industria 4.0
14
Jan
2022
Imaxe aérea do Campus de Vigo.

O novo título propio de Ciberseguridade Industrial, que se imparte na Universidade de Vigo (UVigo) e é único en Galicia, acaba de comezar a impartirse esta semana coas súas trinta praza cubertas. Neste marco, non estraña que tanto el coordinador do mesmo, José Ignacio Armesto, como o docente Miguel Díaz-Cacho, cualifican esta acollida de "todo un éxito".

Esta será a primeira edición dunha titulación propia da UVigo que se sitúa dentro da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente e que nace para crear pontes entre o perfil formativo industrial e o das tecnoloxías da información e a comunicación "nun contexto de dixitalización das plantas industriais".

"Trátase de dar resposta ás necesidades do mercado laboral, que demanda para a Industria 4.0 profesionais cun maior nivel de formación tecnolóxica", explican os seus impulsores.

Neste sentido, o curso, que se impartirá de forma virtual ata o mes de setembro, busca actualizar os coñecementos dos profesionais do ámbito industrial e tamén formar novos especialistas. Desde que se aprobou esta nova titulación no mes de outubro, máis de 130 persoas solicitaron información da mesma, o que axudou a que arranque coas súas 30 prazas cubertas. 

Primeiras xornadas

O curso arrincaba onte coa celebración dunha xornada técnica que prosegue hoxe en modalidade virtual, emitida en directo e aberto a través da canle 1 de UVigo-TV.

Estas xornadas céntranse na Industria 4.0, os seus antecedentes e as tecnoloxías habilitadoras, e conta coas achegas e relatorios de profesionais do sector que profundarán, por exemplo, na ciberseguridade en sistemas de control industrial, as comunicacións industriais desde unha visión holística, o IIoT ou internet industrial das cousas como corazón da Industria 4.0, a intelixencia artificial ou os retos do futuro inmediato.

Hoxe mesmo está previsto a análise de casos de éxito en diferentes sectores industriais, como a automoción, a distribución de enerxía, o transporte terrestre e o aéreo ou o sector naval e militar. Para estas relatorio as xornadas contarán coa participación de representantes de empresas como Stellantis, Rede Eléctrica Española, Adif, Iberia ou Navantia.

Procedencia do alumnado 

Respecto ao perfil do alumnado, principalmente son galegos e galegas, aínda que sete proceden o resto de España e un de Latinoamérica. Son na súa maioría profesionais do sector, xunto con tres estudantes de grao e post grao, dous deles gañadores dunha bolsa de Feuga. Respecto da súa formación, trátase maioritariamente de titulados en enxeñería industrial e enxeñería de Telecomunicación, así como algún procedente do campo da enxeñería informática e da enxeñería de procesos químicos industriais.

Compartir