• Fai un de días achegabámosvos o traballo de investigación liderado pola UVigo para usar drons na loita contra o Covid-19. Hoxe, a spin off galega '3edata Enxeñaría Ambiental' lidera un proxecto pioneiro en España baseado tamén no uso de sistemas aéreos non tripulados
22
May
2020

A 'spin off' da Universidade de Santiago 3edata Enxeñaría Ambiental deseñou, xunto con outros investigadores da propia USC, da Universidade da Coruña e da UNED, unha ferramenta que emprega sensores multiespectrales para vixiar a calidade das augas en encoros e masas de auga interiores con drones  e satélites.

Trátase dun proxecto pioneiro no territorio nacional que foi publicado no último número da revista científica de impacto internacional 'Remote Sensing'.

Con esta ferramenta pódese dar resposta a un dos problemas máis comúns nas masas de auga continental, e que afecta á calidade dos recursos hídricos, como é a excesiva presenza de nutrientes que desencadea a aparición de algas, turbidez e falta de osíxeno.

Desta forma aspírase a controlar un proceso denominado eutrofización, que favorece a aparición de cianobacterias: algas potencialmente tóxicas e que pon en risco a saúde humana. Proceso que, ademais, podería ver incrementado o seu ritmo ao incrementarse a temperatura das augas no actual contexto de cambio climático.

Por este motivo, a investigación liderada por 3edata  permitirá a obtención de información fiable, algo fundamental para os xestores dos encoros e as empresas subministradoras de auga, que deben actuar o máis rápido posible para garantir a calidade da subministración.

A ferramenta deseñada polo equipo que lidera Carmen Cillero (e no que tamén están os investigadores Ramón Díaz Varela, Jordi Delgado, José Luís Cereijo e José Antonio Domínguez) baséase na monitorización de ecosistemas acuáticos mediante teledetección con satélites e drones, mestúranse imaxes multiespectrales obtidas con tres sensores a bordo de catro plataformas con distintos niveis de resolución espacial e temporal, e pódese coñecer a concentración do pigmento clorofila-a, como indicador da biomasa de fitoplancto e do nivel trófico da masa de auga.

A 'spin off' 3edata desenvolveu este traballo no marco do proxecto 'Emprego de sensores multiespectrales sobre drones como ferramenta de alta resolución para xestión de encoros (2016-2019)', cofinanciado polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do programa Torres Quevedo.

VEN A GALICIA. ¡EL SECTOR TIC TE NECESITA!
Compartir