- Se resides no estranxeiro de forma permanente (CERA) ou temporal (ERTA): aínda tes unha semana para pedir o teu voto para as próximas eleccións do 12 de xullo. Hoxe contámosche como facelo e deixámosche un breve resumo.
08
Jun
2020
Como seguro que sabes, o próximo 12 de xullo hai eleccións autonómicas en Galicia.
Se resides no estranxeiro de forma permanente (CERA) ou temporal ( ERTA), e queres participar no proceso, aínda tes unha semana para pedir o teu voto.
Deixámosche un breve resumo. E non esquezas que este ano, como novidade, tamén podes pedir o voto de modo telemático.
- Se resides de forma permanente no estranxeiro (CERA) ou temporal ( ERTA), agora tes ata o 16 de xuño para solicitar o teu voto. Previamente, o límite era o 13 de xuño.
- Ademais, para aqueles que estades inscritos no CERA, tamén se amplía o prazo para enviar por correo o voso voto aos consulados cando optedes por esta posibilidade. Inicialmente, o límite estaba fixado para o 7 de xullo, e agora pasará a ser o sábado 11 de xullo.
- E o rexistrados en o CERA que optedes por votar nos consulados, tamén tedes máis prazo. En concreto, ata o 12 de xullo ás 20 horas (horario peninsular). O prazo inicial que estaba fixado era entre o 8 e o 10 de xullo.