Icono

Chimpo de ra

Biblioteca Pública de Ourense
Ourense
19
Aug
2021
12:00
19
Aug
2021
12:00

Nano é o maior e dá grandes chimpos da ra, Nona a súa irmá pequena, cae, non sabe e rise dela.

Nano ten celos de Nona "Agora (pensa) todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá..."

Nano quere volver a ser pequeno outra vez

Contaconto para bebés de 1 a 4 anos que deberán estar acompañados dun adulto. As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa chamando ao 988 788385. 

Compartir

O Peirao

Viveiro
Viveiro
02
Aug
2021
19:30
02
Aug
2021
19:30

Dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Algunhas veñen de preto outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar o redor, a natureza, a nós mesmos, para coidala, para coidarnos. 

O peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela. Para querela un pouco máis, para mirala desde un lugar diferente.

Compartir

Loitar Cantando

Outes
Outes
24
Jul
2021
19:30
24
Jul
2021
19:30

Loitar Cantando é o primeiro traballo deste dúo de gran variedade instrumental e rítmica, cun estilo único, fresco e contundente. O repertorio consta de temas tradicionais, de autor e dunha gran parte de composicións propias. O seu lema é: LOITAR CANTANDO! (verbas de Luz Fandiño).

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Compartir

Rosalía

Valga
Valga
23
Jul
2021
19:30
23
Jul
2021
19:30

ROSALÍA é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía únaa moza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vinculadas ao teatro de palabras. 

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero una das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que  cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde crecen as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Compartir

Mapa

Aquis Querquennis
Bande
07
Aug
2021
20:00
07
Aug
2021
20:00

A peza xorde como unha necesidade de investigación de movemento, baseado no mundo dos refuxiados e das fronteiras. Barreiras fronteirizas que, durante séculos, colocamos entre mundos, países e persoas. Esta distancia, real e hipotética, sitúa a ambos os intérpretes nunha relación de aproximación e afastamento, de poder e de sublevación, compartindo una mesma premisa común: a imposibilidade de fronteira connosco mesmos.

Compartir

Nexos en Monterrei

Castelo de Monterrei
Monterrei
01
Aug
2021
19:30
01
Aug
2021
19:30

Propulsa Danza é un marco de diálogo entre disciplinas e expresións culturais, que permitirá exhibir todo o potencial creativo e patrimonial que atesoura Galicia. Busca compartir co público o magnífico momento creativo da danza en Galicia, á vez que poñer en valor o noso gran patrimonio cultural e paisaxístico.

Compartir

Galicia a un paso de ti

Sede Afundación Ourense
Ourense
22
Sep
2021
11:00
21
Nov
2021
20:00

Adolfo Enríquez de Porto do Son, 1965 comezou na fotografía aos 14 anos, por casualidade, cando seu pai trouxo a casa unha Yashica 35 que atopou abandonada. Desde entón, a fotografía é unha presenza constante na vida de Adolfo quen mostra unha gran paixón polos escenarios naturais de Galicia. Unha paixón plasmada en guías e revistas de viaxes.

Galicia é unha terra atlántica que leva séculos exercendo un fascinante poder de atracción. É aquí onde os antigos situaban o fin do mundo, o finis terrae. E é o seu capital, Santiago de Compostela, o destino final para miles de peregrinos que percorren o Camiño de Santiago.

Hoxe, Galicia é un mundo que conxuga tradición e modernidade nun equilibrio harmónico. Un país verde ao bordo dun mar azul. Un destino turístico cun clima suave, unhas praias espléndidas, un interior bañado por mil ríos, unha paisaxe con historia e, o máis importante, unha xente aberta e soñadora.

Unha terra cunha natureza privilexiada da que dan testemuño os seus seis parques naturais e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que alberga as paradisíacas illas Cíes.

Pero ademais Galicia ofrece un patrimonio artístico que alimenta o espírito. Os seus atractivos son de tal envergadura que algúns foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco: o Camiño de Santiago, o centro histórico de Santiago de Compostela, a Muralla Romana de Lugo e a Torre de Hércules. A esta lista seguramente se engadirá no futuro próximo a Ribeira Sacra, unha experiencia de viñedos milenarios, igrexas románicas e mosteiros barrocos entre os canóns dos ríos Sil e Miño.

Galicia é única, unha esquina privilexiada deste planeta, pero moitas veces necesitamos parar, coller aire e observar de novo todo o que nos rodea. Os acontecementos extraordinarios que vivimos durante este último ano son unha oportunidade para volver os nosos ollos cara a Galicia e así coñecer mellor a terra que nos acolle.

É por esa razón que Turismo de Galicia decidiu levar a cabo a exposición Galicia a un paso de ti, que estará presente nas sete cidades galegas ao longo do ano 2021. Con ela quérese animar a que os propios galegos, e todos aqueles que nos visiten, coñezan e descubran (ou redescubran) os centos de recursos e atractivos turísticos desta terra. Non estarán todos os que son, é imposible recollelos nunha única exposición, pero se valerá para mandar a mensaxe de que temos todo un mundo por descubrir a escasa distancia do noso lugar de residencia.

A primeira exposición terá lugar en Santiago de Compostela e estará aberta ao público do 30 de marzo ao 15 de maio na Sede Afundación da rúa do Vilar en horario de luns a sábado de 17:00 a 20:30 horas. 

Compartir

Retallos de aquí e acolá

Biblioteca Pública de Ourense
Ourense
13
Jul
2021
12:00
13
Sep
2021
12:00

Mostra etnográfica procedentes de diversas doazóns de usuarios e usuarias da Biblioteca con obxectos do século pasado.

Poderase visitar no 2º andar e no horario de apertura da Biblioteca.

Compartir

Carta de Santiago | Diálogos para unha sociedade de futuro

Edificio Fontán
Santiago de Compostela
05
Nov
2021
11:00
07
Nov
2021
20:00

Evento público pioneiro no marco do Xacobeo 21-22, o encontro internacional Carta de Santiago nace con vocación de impulsar a reflexión e o debate e dar voz á comunidade global nun momento de profundos cambios de valores trala crise epidemiolóxica. Este espazo abrirase á participación de figuras relevantes en distintos ámbitos da cultura e a sociedade, figuras de prestixio internacional, recoñecidos polo seu labor en distintas disciplinas, que debaterán sobre o modelo de sociedade que está por vir, e sobre como queremos participar del, desde a positividade, a integración e a sustentabilidade. Complementarase ademais con propostas artísticas de creadoras e creadores.

O encontro promove a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade, entendida ao redor de catro áreas: economía, medio ambiente, ciencia e cidadanía, dentro dunha matriz conceptual sistémica e ecosocial, integradora das singularidades, e con perspectiva de xénero. Nestas catro grandes áreas articularanse 21 temáticas de reflexión, que inclúen temas como clima, océanos, territorios e transición enerxética no campo medio ambiental; xenética, neurociencia, intelixencia artificial, saúde ou utopías e distopías no campo científico; economía rexenerativa e do ben común, modelo de mercado, dixitalización e emprendemento no campo económico; e educación, desigualdades, identidade, fronteiras, arte, pensamento e participación cidadá no campo político-social. Deste foro de debate xurdirá a publicación Carta de Santiago, un documento no que se recollan as reflexións xeradas no encontro e tamén textos que complementen as conversas e debates ao vivo.

O encontro está organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galicia, declarada de Interese Gallego, que ten como misión promover a igualdade de oportunidades e favorecer o desenvolvemento persoal e social mediante a creación de propostas e proxectos innovadores e sustentables. Actualmente, a actividade da Fundación Paideia Galicia estrutúrase en 5 eixos de traballo: discapacidade e emprego; mocidade e mobilidade; emprendemento; desenvolvemento territorial; e formación e divulgación. A través deste último, conforma un espazo aberto á cidadanía para a promoción do coñecemento crítico.

Compartir

Camiña Galicia

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Pontevedra
01
Jul
2021
08:30
31
Aug
2021
23:30

Na sala infantil xa podes atopar esta selección de libros sobre os Camiños de Santiago para os máis cativos e cativas.

Compartir