O segundo fillo sairá gratis nas garderías ata un tope de 260 euros
- Os centros privados teñen un mes para pedir á Xunta estas axudas
As cooperativas e as sociedades laborais convertíronse nun modelo crecente e en auxe na chamada economía social. Nel poden atoparse firmas tan relevantes como Clun, formada por Melisanto, Feiraco e Os Irmandiños, ou Coren. Un sector no que, se estás pensando en volver a Galicia, podes atopar un emprego.
Para iso, algunhas iniciativas como o programa Aprol Economía Social priorizan aos emigrantes retornados, incrementando un 25% os seus apoios.
Este programa conta con dúas liñas destacadas. A primeira, destinada ás cooperativas e as sociedades laborais para que incorporen persoas socias traballadoras. E por outro lado, apoiando directamente ás persoas desempregadas ou traballadoras temporales que desexan acceder á condición de socias nestas entidades.
Prevese que coa convocatoria deste ano póisade chegar ata as 100 cooperativas ou sociedades laborais beneficiarias, que poderán incorporar ata 250 novas persoas socias traballadoras. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto aquí ata o 30 de setembro, e poderán concorrer todas as incorporacións que se produzan entre o 2 de outubro de 2019 e o 14 de novembro de 2020.
As axudas ás que poderán optar as cooperativas e sociedades laborais son de entre 6.000 e 16.500 euros por cada persoa que incorporen a tempo completo, sexa desempregada, traballadora temporal da propia entidade ou socia a proba desta. Unha soa entidade podería chegar a percibir ata 67.500 euros por esta liña de axudas.
Pola súa banda, as persoas que queiran acceder como socias traballadoras a unha cooperativa ou sociedade laboral, poderán percibir unha axuda de entre 6.000 e 16.500 euros (en función do capital social que teñan que aportar á entidade) se se incorporan a tempo completo. Poden optar a esta subvención as persoas desempregadas, asalariadas (fixas ou temporaies) da entidade ou socias a proba, así como as traballadoras doutro tipo de empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais.
Se tes menos de 35 anos e queres volver a Galicia, esta é unha boa oportunidade: o programa Retorno Talento Novo. Unha nova iniciativa que acaba de anunciar o Goberno galego, e coa que aspira, durante este ano, a promover a volta á rexión a 1.500 mozos retornados.
Dotado con máis dun millón de euros, o programa permitirá desenvolver distintas accións formativas e impulsar a obtención de certificados de profesionalidade válidos en toda España, facilitando desta forma o acceso ao mercado laboral dos beneficiados.
Así, desde o pasado 21 de febreiro, está aberto o prazo de solicitude do programa Investigadores Distinguidos (www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0534-080120-0002_gl.html), que, entre as súas 15 prazas, ten 10 habilitadas na categoría de retorno, ofrecendo ata un máximo de 96.000 euros ao ano a aqueles investigadores que desexen seguir nalgunha das universidades galegas os seus traballos.
Ademais, se o que queres é volver a Galicia para emprender, durante as próximas datas está prevista tamén a apertura dunha nova edición do programa de Retorno Emprendedor, que ofrece axudas de ata 8.000 euros para todos aqueles galegos do exterior que queiran volver á súa terra para impulsar unha nova iniciativa empresarial.