Impulso para converter A Sionlla no gran referente da biotecnoloxía
- Co apoio das investigacións da Universidade de Santiago, a Administración autonómica facilita que se asenten novas empresas no polígono
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte un paquete de medidas centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, entre elas o peche de todos os centros educativos a partir do luns e durante 14 días. Trátase de actuar canto antes e anticiparse ao que poida vir porque é “unha situación extraordinaria que precisa de medidas extraordinarias” e ante a que hai que obrar con responsabilidade.
Ademais da actividad lectiva, queda suspendida a dos centros sociocomunitarios, de día, de maiores e menores, e espacios ocupacionais. Nos centros residenciales limítanse as visitas aos maiores de 70 anos ou con patoloxías cardiacas ou respiratorias previas; non aceptan visitas de persoas con síntomas e restrínxese a presenza de residentes en actividades en espazos pechados.
A suspensión ou a celebración a porta pechada de calquera actividade deportiva xa é un feito e é que ademais limítanse os aforos: en recintos pechados con capacidade para máis de 50 persoas, redúcese a un tercio.
Para evitar tamén a concentración de persoas, o Goberno galego ordenou a clausura de museos, bibliotecas e arquivos e os concellos están facendo o mesmo, así como entidades privadas, que cancelaron xa eventos de calquera tipo como precaución.
Información e recomendacións
Se tes algunha dúbida ou consulta sobre síntomas leves do Covid-19, a Consellería de Sanidade puxo ao dispor dos cidadáns o teléfono gratuíto 900 400 116. Si tes febre, tose ou dificultade respiratoria e se estiveches nunha zona de risco ou en contacto cunha persoa infectada, recorre á información dos profesionais sanitarios, que serán os que valoren a túa situación. Para casos graves ou para emerxencias está o 061.
A pesar de que Galicia conta cunha das taxas máis baixas de persoas infectadas a nivel nacional (90 positivos ao 13 de marzo), hai que adoptar unha actitude responsable e para evitar posibles contaxios, hai que seguir unha serie de recomendacións, dando prioridade ao lavado frecuente de mans con auga e xabón; evitar tocarse os ollos e o nariz e a boca se as mans non están limpas; e en caso de toser ou esbirrar, cubrirse a boca e o nariz co cóbado ou usar un papel e tiralo inmediatamente. E sempre lavarse as mans a continuación.
Se es autónomo e queres volver a casa, agora tes unha grand oportunidade. A aposta polo emprendemento convertiuse nun dos grandes eixos de actuación do Goberno galego nos últimos tempos. Cada ano convócanse diferentes programas e liñas de actuación que buscan promover o emprego por conta propia, consolidar negocios e ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e persoal.
Unhas medidas que, na súa maioría, están agora mesmo abertas poñendo á túa disposición máis de 24 millóns de euros.