• Desde hoxe, os centros interesados podedes solicitar praza para os talleres de folclore, artesanía, cociña ou cultura galega, que tras a pandemia, ofrécense de modo presencial e telemático
30
Mar
2023

Os tradicionais obradoiros que cada ano impulsa o goberno galego volven este ano alternando, como é habitual desde a pandemia, o modo presencial e o online. Desde hoxe, todos aqueles interesados podedes solicitar praza nun programa que permitirá aos diferentes centros e entidades recuperar parte das súas actividades habituais de formación para os galegos do exterior.

Non en balde, esta iniciativa impulsa a realización de talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior. 

En total, a Secretaría Xeral de Emigración destina 150.000 euros para a posta en marcha dos talleres, unha cantidade que permite sufragar a súa práctica totalidade e apoiar, así, aos centros tras as complicacións económicas derivadas da pandemia.

modalidade presencial dos 'obradoiros' desenvolveranse nas instalacións dos centros. Ademais, a modalidade telemática, a través da aula virtual, ofrece unha plataforma onde a persoa formadora e o alumno interactúan, de maneira concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos os casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades.

As entidades poderán solicitar, por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propoñer un profesor para que o imparta, sempre que estea incluído nas listas de persoas formadoras na modalidade solicitada.

Os centros e asociacións interesadas teñen de prazo ata o próximo 2 de maio para solicitar estas axudas. Para a realización de talleres de cociña ou de seminarios de cultura galega, as entidades deben contar con instalacións e equipamentos idóneas, e ter entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.

Compartir