• O documental 'Fillas de Galicia, Macorinas' chega á nosa terra para narrar a historia dunha parte da emigración feminina galega á illa, establecendo analogías coa inmigración actual
10
Sep
2020

Fai máis dun século Cuba converteuse no destino principal, xunto a Arxentina, de miles de galegos que buscaban un soño mellor. Só nas seis primeiras décadas do século XIX, a illa recibiu a 200.000 galegos, unha marea humana empuxada pola por factores económicos, culturais, familiares e sociais. Moitos deles conseguiron protección e traballo, creando unha importante colonia galega que aínda perdura. Outros -'outras' demasiadas veces- atoparon un destino máis esquivo. Esa é a historia que persegue as documental 'Fillas de Galicia, Macorinas', que chega á nosa terra, ao Festival Internacional de Curtos de Verín Vía XIV, para lembrar e dar voz a aquela epopea feminina.

Dirixido por Xosé Lois Santiago ' Pello' e Fran Naveira, o traballo conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analoxías con situacións que suceden na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo.

En concreto, o documental describe o devir da asociación 'Fillas de Galicia', formada por mulleres galegas emigrantes que, en máis casos dos desexados, sufriron historias de enganos para entrar a formar parte da prostitución cubana a comezos do século pasado

“A situación non deixa de ser similar á doutras mulleres que hoxe en día emigran á nosa terra, ou a outros lugares, e finalizan desempeñando a mesma función, sendo explotadas por mafias sexuais”, destaca ' Pello', que recoñece que obter información, datos e imaxes destas mulleres tornouse un labor moi complicado, debido principalmente ao escurantismo e ás doses de vergoña que carrexa o concepto de prostitución.

Expertos e testemuñas

“Cando abordamos o desenvolvemento deste proxecto puxémonos en contacto con investigadores; tanto galegos como cubanos; estudosos, expertos e testemuñas directos e indirectos deste asunto”, profunda 'Pello'. “O noso medo inicial ao chegar á Habana era non atopar suficiente información. Pero isto desvaneceuse cando comezamos a falar cos nosos asesores e contactos”, engade.

“A partir dese momento, un mundo que estivera escondido saíu á a luz e afloraron diversas testemuñas que recollemos nas nosas visitas á illa”, destaca o autor desta obra, de 65 minutos de duración, que foi gravada en Cuba entre os anos 2012 e 2019. 

Compartir