• Manuel Silva chegou a Francia hai máis de 40 anos. Hoxe preside o Centro Galego de Marsella, goza da súa filla e a súa familia, e atravesa a pandemia con esa tranquilidade tan galega, sabedor de que a fin de contas todo pasa
10
Dec
2020
A diretiva do Centro Galego de Marsella

Ninguén sabe moi ben cando comezou aquel trajín de xente; de idas e vindas en branco e negro, cor adecuada á nostalxia; de maletas cargadas de roupa e de esperanza, de abrazos furtivos para combater á morriña. Porque éa ausencia de comezo, precisamente, confiere maior sentido e certeza á diáspora galega polo mundo. En barco, alén do inmenso azul A tlántico.Por estrada, moitas veces, a éta Europa tamén acolledora.

Como aqueles que chegaron a Marsella, pleno corazón da costa azul francesa. Galegos como Manuel Silva, que deixou Moraña (Pontevedra) atrás con apenas 19 anos, fai case medio século, e que hoxe contempla a vida coa pausa propia que dá calquera mirada atrás. Un pedacito de Galicia en Marsella que ofrece ouna visión na que se mesturan proxectos de traballo e persoais, a creación dunha familia, a súa filla Sabrina, e de fondo, o Centro Galego de Marsella, que preside desde fai 15 anos.

Tamén en época de Covid. Esa pandemia que levou por diante, por exemplo, a celebración do 41 aniversario da asociación ou o festival Celta previsto para abril.

“Na nosa rexión a pandemia vai baixando aos poucos. Chegamos a ter case cada día 110 pacientes no hospital, e agora temos uns 65”, expón Sabrina, tamén vicepresidenta do Centro, que trazaos seus recordos á beira de Manuel: o primeiro confinamento que obrigou a pechar as portas da entidade até finais de maio; a reapertura un par de sábados en xuño; as vacacións en xullo e agosto; outra pequena paréntese en setembro…

Agora, Marsella, como Europa, vive nun toque de queda permanente. Até o 15 de decembro, en Francia só se pode saír para traballar e para facer a compra, tendo que estar en casa a partir do nove da noite. A hostalaría permanecerá pechada até o 20 de xaneiro e, por suposto, non haberá festa de fin de ano no Centro Galego de Marsella.

A asociación agrupa hoxe a uns 170 socios, dos cales 86 son galegos nados na nosa terra. Eles, como o resto, viven ao día en época de Covid.

Manuel e a súa filla Sabrina.
O grupo folclórico do Centro, co secretario da Emigración Antonio Rodríguez Miranda, durante a celebración dos 40 anos da entidade.

“Que que plan temos para estas festas? Gran parte da nosa familia está aquí, polo que nós quedarémonos, aínda que por agora só podemos saír a menos de 20 quilómetros durante tres horas”, detalla Manuel, que recoñece que moitos galegos se marcharon no verán e aínda non regresaron .

É Francia en tempos do Covid. O país suma máis de 225.000 infectados por coronavirus e aproxímase aos 60.000 falecidos. Alí residen preto de 17.000 galegos, moitos nesa Marsella que viu chegar a Manuel fai máis de corenta anos.

Hoxe el, como o resto, goza da súa terra de acollida sen esquecer esa Galicia tan súa e tan querida que, como todos, adáptase á época do Covid. “Penso que é igual para todo o mundo”, resume con esa flema galega que nin o tempo, nin Francia e a distancia lograron enterrar. E non lle falta razón.

Compartir