• Uruguai, con máis de 41.000 galegos, apenas suma 24 falecidos e 849 casos detectados ata a data sen un confinamento obrigatorio
  • A rapidez para decretar a emerxencia sanitaria e o bo facer da poboación, claves do éxito
  • A pesar de todo, non se espera unha gran participación o 12 de xullo. “Xa vimos mal desde que se implantou o voto rogado”, lembra Adriana Pérez, desde a Delegación de Galicia en Montevideo
19
Jun
2020
Pasteur

Uruguai tómbase arrumado entre o Río da Prata e o Atlántico. Así foi sempre, e así seguirá sendo. Un pedacito de mundo entre dúas terras, Brasil e Argentina, que ten a súa propia historia e o seu propio orgullo. A época do Covid-19 volveuno a demostrar. “Uruguai é quizais o país que mellor o está levando de toda a rexión”, comenta Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta de Galicia en Montevideo.

E faio sobre a certeza dos datos: 24 falecidos e 849 casos detectados até a data. Un lugar tranquilo para a colectividade. Máis de 41.000 galegos entre os que aínda non se coñece ningún contaxio.

O éxito dos datos fundaméntase en varios factores. O primeiro, a prema. Luís Lacalle Pou non o podería imaxinar. Tras o seu victorial electoral, asumiu o cargo de presidente o 1 de marzo. Eses días o mundo xa dubidaba sobre que facer con aquel virus afastado, que saltara dun mercado de Wuhan á fama.

Pero Lacalle non dúbida: decreta emerxencia sanitaria o 13 de marzo, recomendando un asilamiento preventivo. Nese instante Uruguai sumaba apenas un puñado de casos activos: catro para ser exactos. E, a pesar de todo, suspendéronse clases e espectáculos.

O Montenvideo Rock, con 35.000 entradas xa vendidas, cancelouse”, lembra Adriana Fernández, desde esa misma delegación en Uruguai, que prosegue o seu relato explicando o distanciamento preventivo: “Nunca houbo corentena obrigatoria. Produciuse unha forte exhortación a quedar en casa”. A poboación cumpriu; e os sectores económicos, tamén. Por exemplo, o turismo. Ás portas da Semana Santa, os establecementos pecharon as súas portas.

Uruguay
Uruguay
Uruguay 2
Uruguay 3

Igual que fixeron os centros galegos. As actividades culturais e sociais paráronse na Casa de Galicia e na Española. “No Fogar Español se testeó a todo o mundo, e non houbo ningún positivo”, relata López Dobarro. O Fogar é unha residencia fundada na década dos 60 do ano pasado, que nace no seo da propia colectividade, e que hoxe segue atendendo a un amplo grupo de maiores con raíces españolas e galegas.

O mesmo sucedeu na propia Delegación. “Tivemos pechadas as oficinas públicas unha tempada”, prosegue López Dobarro o seu relato. Faio agora desde outra perspectiva. A que dá a apertura paulatina de parte daquelas cousas que pecharon. Como as escolas, abertas estes días.

Científicos brillantes

O virus, como en todas as rexións, puxo a proba a capacidade do país e da súa ciencia. Vacinas, test, medicamentos, material sanitario… Palabras que se asentaron nos quefaceres cotiáns durante varios meses. En Uruguai tamén.

Alí sitúase a sucursal do Instituto Pasteur. A ciencia que cambia o mañá, e tamén o presente. O esforzo de científicos e profesionais permitiu xerar kits propios para detectar a enfermidade. Agora, o único risco, é a fronteira con Brasil, onde o Covid-19 cabalga desbocado.

“Xa vimos mal desde que se implantou o voto rogado”   

Neste escenario, a diferenza doutras zonas do continente, votar podería ser unha opción. Porque si, a pesar de todo, o 12 de xullo hai eleccións en Galicia, tamén para os 41.000 galegos de Uruguai. No entanto, Adriana non o ve claro. “Xa vimos mal desde que se implantou o voto rogado”, coincide coa maioría da colectividade. O mesmo dixeron en Arxentina, en Venezuela, en Brasil...

E a pesar de todo, hai segue o sistema, á espera de tempos mellores, que non parecen os do Covid. “Este ano ofrecéullenos a posibilidade de solicitar o voto por internet, pero a xente está noutra cousa”, lamenta Adriana, que con todo teno claro: “Eu sempre lles digo, voten, porque co seu voto marca unha presenza e un interese”.    

Compartir