• A iniciativa, promovida cada ano polo goberno galego, ofréceche apoios que poden chegar ata os 8.000 euros
  • E se buscas un local para o teu proxecto, a Asociación de Empresarios de Milladoiro pon ao dispor dos emprendedores retornados tres novos espazos
29
Oct
2020

 

Se volviches a Galicia para emprender e impulsar o teu propio negocio, esta información interésache: aínda tes ata mañá para beneficiarte do programa de retorno emprendedor. Unha iniciativa que cada ano promove o goberno galego para aqueles que un día tivestes que partir, e que queredes volver á nosa terra para continuar co voso proxecto persoal e profesional.

O programa, que facilitou ata o momento a posta en marcha de máis de 200 iniciativas empresariais, busca axudarche na túa nova aventura empresarial en Galicia. Para iso, pon ao dispor de todos aqueles retornados emprendedores que esteades interesados un apoio fixo de 5.000 euros, que se incrementará en 1.000 se es muller, e noutros 2.000 se o negocio está establecido nun concello rural.

 

A este programa podedes acollervos os galegos de nacemento, os vosos cónxuxes ou persoas cunha unión análoga, e os descendentes das persoas galegas e nadas en Galicia que, residindo fóra de España, establecéstesvos na nosa terra.

Novos locais en Santiago

Así mesmo, se estás a buscar un local para o teu proxecto, a Asociación de Empresarios de Milladoiro pon ao dispor dos emprendedores retornados tres novos espazos. Un deles, mesmo, conta xa cunha liña de explotación concreta como vinoteca e degustación de queixos e conservas. 

Os interesados tedes que presentar un plan de traballo para garantir a viabilidade e estabilidade do voso proxecto, e tamén debedes ter unha estratexia de dinamización e competencias no campo dixital. Para máis información podedes dirixirvos á dirección electrónica: asociacionpalmirabulebar@gmail.com.

¡Non o dubides e pide xa a túa axuda!
Compartir