• Emigración e o Colexio de Rexistradores da Propiedade asinan un convenio que facilita ás familias galegas emigradas acometer as accións necesarias para determinar a titularidade destes inmobles sen custo algunha para interesados e administración
12
Apr
2022

Se es galego e vives no exterior, agora poderás realizar, sen custo algún, as accións necesarias para localizar as túas propiedades na nosa terra.

Unha posibilidade que se abre despois de que a Secretaría Xeral de Emigración e o Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España asinasen un convenio de colaboración que entra en vigor hoxe e prolongarase durante o próximos catro anos co obxectivo de facilitar a identificación destas propiedades en Galicia a familias galegas emigradas.

Este acordo permite poñer en marcha as investigacións necesarias para determinar a titularidade de bens inmobles pertencentes aos galegos do exterior que son propietarios dalgún dominio na nosa terra.

Uns traballos que se realizarán de forma desinteresada, sen que supoña ningún custo nin ao solicitante nin á administración. Ademais, crearase unha comisión de seguimento que se encargará de avaliar casos concretos e determinar se o solicitado axústase ao obxecto do convenio.

Compartir