- Estela Villamarín é a presidenta da Asociación Cultural Galega A Roda de Lausana, que tivo que reinventarse en época de Covid. Tamén ela para pasar o Nadal cos seus seres queridos
Suíza é un país de cimas elevadas, sempre ocultas, devoradas pola súa altura e envoltas nun frío silencioso, máis místicas, se cabe pola neve perpetua dos Alpes. Un fogar neutro no imaxinario colectivo. E a terra de miles de galegos, casa hospitalaria daqueles que un día tiveron que emigrar. Hoxe, máis de 41.000 veciños fan de Suíza o quinto país do mundo no que a presenza de galegos refírese.
Pero Suíza, como todos, vive afectada polo Covid. Unha pandemia que se cobrou xa no país helvético máis de 7.500 vidas, e que obrigou a celebrar un Nadal atípico. Desas que tanto vivimos estas semanas: de ceas limitadas; máscaras que ocultan rostros riseiros, roubando, en certa medida, o sentido destas festas; de familias divididas…
Cóntanolo Estela Villamarín, presidenta da Asociación Cultural Galega A Roda. A súa historia, como tantas, é un compendio da diáspora galega. De avós que deixaron atrás casa e familia na década dos 70.
“O meu pai quedou en Ourense cuns familiares cando eles tivéronse que ir. Aquí, nunhas vacacións, coñeceu á miña nai. Despois casaron e partiron cara a Suíza”, resume Estela coa sinxeleza propia da nosa emigración.
Estela é hoxe a presidenta da Asociación Cultural da Roda. Un lugar de encontro para centos de galegos, onde, ata fai non moito, novos e nenos xuntábanse en clases de gaita, danza ou percusión. A galeguidade resumida na nosa cultura musical.
O Covid variou o escenario, debuxando unha sala multiusos de aforamento reducido, con apenas 5 persoas, límite máximo no país helvético para este tipo de reunións. Uns encontros que, no caso da Roda, configúranse como unha mestura perfecta de todo o que foi e é a nosa diáspora. “Falamos metade castelán, metade galego, metade francés”, expón Estela con moita simpatía.
Creada en 1991, A Roda suma xa tres décadas de fomento da cultura galega, mantendo as tradicións entre as novas xeracións. Algo para o que soubo adaptarse ao Covid. Ou talvez, como todos, non tivese máis remedio.
De marzo a xuño estiveron pechados. En setembro puideron impartir “dous ou tres clases de modo normal”; qué lonxe queda xa ese final do verán no que as cifras da pandemia ofrecían un respiro hoxe inservible.
“Somos 100 socios, case todos galegos e fillos de galegos”, prosegue Estela. Obrigados, todos eles, a pasar o Nadal entre dúas terras e coa ameaza permanente do Covid. Como Estela que, co seu marido e o seu fillo, pasou as festas sorteando dificultades e adoptando distintas medidas de precaución.
“Rafael é da Coruña e os seus pais viven en Zaragoza. Unha semana estivemos en Ourense e outra, alí, en Zaragoza. Os meus pais tamén voaron a Galicia, realizando a correspondente PCR”, resume Estela. A rutina da ‘nova normalidade’.