- Emigración estuda poñer en marcha medidas extraordinarias para paliar a situación nos centros da diáspora e lembra que están abertos os prazos para pedir axudas
Os centros galegos na diáspora, Casas de Galicia, entidades que conservan e difunden a cultura propia desde todos os rincóns do mundo sofren estes días un parón obrigados pola pandemia do coronavirus. Unhas portas pechadas que están desexando volver a abrir a todos os galegos que viven lonxe da súa terra, pero coa mesma incertidume global de cando poderá ser.
Desde Galicia mantense un estreito seguimento ás cerca de 200 entidades da diáspora para velar pola súa situación.
Un contacto permanente por parte da Secretaría Xeral da Emigración que busca coñecer con exactitude como están vivindo esta crise e como está afectando non só á institución, tamén aos seus socios.
Para paliar os efectos que esta pandemia poida ocasionar, o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos centros galegos e estudia actuacións extraordinarias para por en marcha no futuro en caso de necesidade.
O certo é que o seguimento pretende estar atento á evolución da pandemia nos distintos países nos que hai galegos, xa que está afectando de maneira diferente a Europa e América. De feito, o Vello Continente é, despois de Asia, o primero ao que chega o pico de maior incidencia do Covid-19, mentres que moitos dos estados americanos o vivirán con certa demora.
Ademais das medidas que se poidan chegar a implementar para favorecer aos centros da diáspora, se formas parte deste grupo de galegos ao fronte de cuidar a galeguidade no exterior, lembra que aínda estades a tempo de solicitar algún dos programas de axudas económicas deseñadas especialmente para vós e dotadas dun orzamento de 1,7 millóns de euros.
Por unha parte, está aberto o prazo para pedir as subvencións destinadas a actividades e gastos de funcionamento, que se dividen en dúas liñas: unha primeira para a reforma, rehabilitación e conservación dos centros, e unha segunda, para mellorar as dotacións e equipamentos de carácter inventariable. Estas aportacións permiten financiar os gastos e proxectos que se vaian a executar entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro deste ano. Picade aquí para saber máis.
Por outro lado, tendes as axudas para contribuir aos gastos correntes e a sufragar as propostas de índoles cultural e social, cun plazo que se ampliou para dar resposta ás circunstancias especiais nas que se atopan países como Venezuela, Cuba, Arxentina e Uruguai. Aquí está toda a información que necesitades.