- O certificado de empadroamento é necesario, entre outras cousas, para acceder ás distintas axudas de apoio aos retornados que facilitan as administracións públicas
GaliciaAberta continúa as súas 'Pílulas do Retorno', achegándonos hoxe unha explicación útil e sinxela sobre como xestionar a inscrición no padrón municipal.
Se volviches a Galicia, este paso resulta obrigatorio. En caso de dúbidas porque por motivos familiares ou laborais vives en varios concellos ao longo do ano, tes que empadroarche no que residas durante un maior número de días.
O trámite é sinxelo. Para facelo, soamente debes pedir cita e achegarche ao Concello co teu DNI ou pasarche español, e con algún documento que acredite a túa residencia -contrato de aluguer, escritura de propiedade, contrato de luz ou similares.
E lembra, o certificado de empadroamento é necesario tamén para acceder ás distintas axudas de apoio aos retornados que facilitan as administracións públicas.
Para máis información, podes dirixirche a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno, situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. E tamén podes enviar un correo electrónico a oficina.emigracion@xunta.gal .