• O programa facilita facer fronte aos gastos que calquera retorno comporta, con axudas de 1.000 euros por fillo, que se incrementan un 25% máis se fixas a residencia no rural galego
16
Oct
2020
Familia retorno 2

A crise do coronavirus está a ter consecuencias económicas en miles de familias galegas, entre as que poida que vos atopedes vós, os emigrantes retornados, os que acabades de volver á nosa terra.

Lembrade que si necesitades unha axuda para facer fronte aos gastos que leva o retorno, tedes á vosa disposición as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, un programa do goberno galego pensado, hoxe máis que nunca, para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, que derivou nunha crise social e económica que afecta en maior medida aos retornados e á súa inserción socio–laboral.

Podedes optar a estes apoios todos os descendentes por consanguinidad dunha persoa galega e nada na comunidade autónoma. Ademais, sodes tamén beneficiarios do programa os galegos, ou aqueles que esteades casados cun galego/a –ou teñades unha relación análoga a esta-, sempre que volvades á vosa terra nos últimos dous anos. 

Si volviches a Galicia desde o estranxeiro nos últimos dous anos, es galego ou o teu cónxuxe o é, ou es fillo de galego nado na comunidade infórmache aquí dos trámites que debes realizar. As subvencións manteñen o seu prazo aberto até o 30 de outubro e pódelas pedir na sede electrónica da Xunta.

Tes que saber que as axudas prestan unha especial atención ás familias. As axudas ascenden a 1.000 euros por fillo menor de idade, até o segundo, e a 1.500 euros para o terceiro e sucesivos. Ademais, si fixaches a túa residencia nun concello rural, o apoio por fillo increméntase nun 25%.

Compartir