• Continuamos cos podcast sobre a diáspora de Laboratorio de Radio, e facémolo, nesta ocasión, da man de Raúl Lois Carro, fundador dunha empresa de 'software embebido' que volveu a Galicia da man do Programa Merlo que impulsan a Xunta e a Fundación Ronsel
13
Apr
2022

Raúl Lois Carro naceu en Pontevedra, estudou Enxeñería Industrial en Vigo e emigrou, paso previo por Mánchester, ata Alemaña. Desde alí volveu a Galicia coa axuda do Programa Merlo, que impulsan a Secretaría Xeral de Emigración e a Fundación Ronsel para ofrecer a mozos retornados a posibilidade de cumprir os seus soños.

“Cando retornamos, unha das cousas que necesitas para emprender é un pouco de axuda financeira (…) pero este programa ofréceche tamén a posibilidade de ter un mentor”, resume Raúl, que define con brillante sinxeleza esta figura: “É unha persoa que está a 10 anos de onde ti estás”.  

Cara alí diríxese agora Raúl para facer realidade o seu soño: Lois Engineering (lifeandheart.de), unha empresa do que se coñece como ‘software embebido’, é dicir, con capacidade para “dar vida ás cousas”.

Seguro que queres coñecer máis. Descobre toda a súa historia neste novo capítulo de Orela Podcast que nos achega Laboratorio de Radio.

Compartir