- Xa se publicou a lista provisional das Bolsas BEME 2025, con prazo aberto para presentar alegacións ata o 26 de xuño
Un ano máis, centos de mozos galegos do exterior responderon á chamada de Galicia. A lista provisional das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para o curso 2025 xa está publicada, e con ela ábrese o prazo para presentar alegacións ata o 26 de xuño. A convocatoria ofrece 250 prazas para cursar un máster nalgunha das tres universidades galegas, nun programa que segue crecendo e consolidándose como ponte real entre a Galicia que se foi e a que quere regresar.
Estas bolsas non só financian estudos: representan un reencontro coa terra, unha segunda oportunidade para desenvolver unha vida en Galicia e a confirmación de que o vínculo coa comunidade galega no exterior segue vivo, máis aló da distancia e do tempo.
Cada estudante que cruza o océano para formarse aquí faio cunha historia de esforzo e ilusión. E a súa decisión ten impacto:
- Preto do 80 % de quen accede a unha BEME deciden quedar.
- Más do 60 % atopan emprego.
- O 90 % recomenda a experiencia.
En total, desde 2017, xa foron máis de 1.500 os beneficiarios procedentes de 41 países.
O programa forma parte dunha estratexia global, Galicia Retorna, que inclúe máis de cen medidas para facilitar o regreso e a integración plena de quen quere volver. Oficinas de atención nas principais cidades galegas, unha unidade móbil que percorre o rural, delegacións e centros galegos no estranxeiro… Todo orientado a facer máis fácil o camiño de volta.
Ás BEME súmanse outros programas como Retorna Talento FP, Retorna Cualifica Emprego, feiras de emprego no exterior e axudas ao emprendemento, entre outros. Todos eles pensados para que volver sexa unha opción real, atractiva e sostible.
Galicia necesita talento, mocidade e novas ideas. E quen un día marcháronse poden ser parte esencial do seu futuro. As oportunidades están sobre a mesa. O vínculo xa existe. Só fai falta dar o paso.