• Cada ano sodes máis os galegos que regresades tras unha etapa ou incluso toda unha vida no estranxeiro. Desde finais de 2019 tedes á vosa disposición un servizo de acompañamento integral que busca facilitarvos o retorno a Galicia
06
Jan
2021
Familia retorno

 

Cada ano sodes máis os galegos que decidides regresar a Galicia tras unha etapa ou incluso toda unha vida no estranxeiro. Durante o 2019, último ano completo de rexistros, preto de 7.000 familias volveron á nosa terra para continuar aquí os seus proxectos vitais. Moitas delas contan desde o último exercicio coas facilidades que ofrecen as novas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, impulsadas polo Goberno galego nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, e Santiago de Compostela, onde se ampliaron e mellorado as instalacións trasladándoas ao Edificio do Xacobeo.

 

Ao longo do último ano, estas oficinas asesoraron a un total de 3.442 familias, interesadas en coñecer tanto as liñas de apoio que ofrece a Xunta para facilitar o seu regreso, como as canles existentes para homologar estudos, simplificar a tramitación da documentación persoal e a presentación de solicitudes de subvencións e prestacións. 

 

E é que son moitas as dificultades que vos adoitades atopar na volta a casa. Para afrontalas e solucionalas, estas oficinas ofrecen encárganse de informar e asesorar, explicando os programas dirixidos á diáspora, comunicando os temas relacionados con educación, formación, laboral e social, e mesmo, no caso dos familiares con outra nacionalidade, asesorando no campo da estranxeiría e ofrecendo apoio continuo, tanto presencial como telemático.

Así pois, nestas oficinas atoparedes persoal cualificado para resolver as vosas dúbidas e orientación non só á hora de facer trámites, senón tamén para o acceso ao mercado laboral ou para coñecer as distintas axudas ou prestacións ás que podedes optar ou tedes dereito.

Máis de 12.000 consultas

Durante o ano pasado realizáronse nas oficinas 12.369 consultas, das cales 2.255 estaban relacionadas con temas educativos (escolarización de menores, formación regrada, formación para o emprego, homologación de estudos...); 5.659 tiveron que ver con temas sociais como asistencia sanitaria, autorizacións de residencia, axudas económicas, prestacións ou vivenda; 2.912 estaban relacionadas con temas laborais como información achega do emprego por conta allea ou axudas ao autoemprego; e 1.543 gardaban relación con outros trámites. 

Por provincias, A Coruña tivo 8.441 consultas; Pontevedra concentrou un total de 2.153; en Ourense contabilizáronse 1.078; e en Lugo houbo 697. 

COÑECE A TÚA OFICINA E PONTE EN CONTACTO CON ELA
Compartir