- As empresas de 10 ou máis empregados de Galicia son quintas a nivel estatal no uso da IA e as cuartas con máis especialistas neste ámbito
As novas tecnoloxías disruptivas están cada vez máis presentes nas empresas galegas. O 10,9% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores emprega algunha tecnoloxía de Intelixencia artificial, o que sitúa a Galicia no quinto posto da clasificación por CC.AA, por diante de comunidades como Andalucía ou País Vasco. Isto supón un ascenso no posicionamento de Galicia no contexto estatal, avanzando do noveno posto do ano anterior ao quinto, tras experimentar un crecemento do 50% no último ano.
Entre as empresas galegas que empregan Intelixencia artificial, cabe destacar o seu uso para a xeración de linguaxe natural (3º posto na clasificación estatal) ou tecnoloxías que permiten o movemento físico das máquinas a través de decisións autónomas baseadas na observación do contorna -robots autónomos, vehículos autónomos, drons autónomos- (4º posto na clasificación por CC.AA.)
A incorporación dos especialistas TIC ás empresas galegas de 10 ou máis traballadores é outro dos indicadores que mostra o grao de dixitalización do tecido empresarial galego: a 14,1% conta con especialistas TIC e, neste tramo empresarial, é a cuarta Comunidade Autónoma con máis especialistas TIC en Intelixencia artificial.
O 11,4% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores analizou big data, experimentando un crecemento do 21,8% no último ano. Ademais, o 7,72% emprega a robótica, en valor practicamente idéntico á media estatal.
Esta son algunhas das conclusións que se extraen da enquisa sobre 'O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2021/2022', publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que analizou o Observatorio da Sociedade daa Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Dixitalización das empresas galegas de 10 e máis empregados
As empresas galegas de 10 e máis empregados son líderes no uso do Software libre co 86,7%, superando en 4,5 puntos a media estatal.
As empresas galegas tamén incorporan á súa xestión as vantaxes do teletraballo e o traballo remoto. O 48,7% das pemes e grandes empresas galegas leva a cabo reunións remotas, ocupando o sexto lugar na clasificación estatal.
En Galicia, o 95,7% das empresas de 10 ou máis traballadores dispoñen de conexión a Internet fixo e o 88,7% ten contratada banda longa móbil. No último ano aumentou un 6% a porcentaxe de empresas de 10 ou máis empregados con conexión a internet de banda larga de máis de 100 Mbps, conseguindo xa o 71%.
Dispoñibilidade de web e redes sociais
As empresas de menos de 10 empregados de Galicia seguen superando a media estatal no uso de medios sociais, no que conseguen a sexta posición a nivel estatal. O 30,7% destas empresas xa dispoñen de páxina web, ocupando así o cuarto lugar entre todas as Comunidades Autónomas.
A contratación da internet entre as microempresas galegas sitúase no 80,3%. Entre as empresas con conexión a Internet, un 87% opta pola banda larga móbil, superando a media estatal en 4,22 puntos porcentuais e experimentando un crecemento do 10,3%.