- Todos aqueles galegos que residides fóra e estades a atravesar distintas dificultades por mor da crise do coronavirus, aquí tedes unha boa noticia: o goberno da comunidade acaba de reforzar o programa de apoios para os que peor o estades a pasar
- A liña diríxese a residentes no exterior que carecen dos recursos económicos necesarios para atender situacións extraordinarias como a actual
- O orzamento é de 200.000 euros con posibilidade de triplicarse, e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro
“Voces de Chernóbil” é unha sedutora peza de dez anos de xornalismo a través de máis de 500 testemuños solicitados por Svetlana Aleksiévich. Un deles, dá igual quen, rememora sobre aquel tráxico suceso: “Non se podían crer que nun día o mundo púxose patas para arriba e que vivían nun distinto”. Hoxe, case medio século despois daquilo, o mundo volve estar patas para arriba por mor dunha pandemia, a do coronavirus, que suma xa máis de 12,3 millóns de contagios e 555.000 falecidos.
Á espera dunha segunda onda, de novos rebrotes aquí ou alá, ou do medo a enfrontar o aínda descoñecido, algunhas rexións avanzan máis seguras que outras. Pode ser o caso de Galicia, que suma un mes sen falecidos e que foi a primeira comunidade autónoma española en alcanzar a ‘nova normalidade´. Unha situación favorable que non impide que a rexión se siga acordando dos seus, tamén os que están no exterior e que seguen sufrindo o incerto devir desta pandemia.
Por este motivo, o goberno galego acaba de reforzar un dos seus programas de apoio para os que peor o estades pasando: as axudas excepcionais de emerxencia. Nos próximos días publicarase unha liña dirixida a persoas de orixe galega e residentes no exterior, que carecen dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevindas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, e que precisan dunha actuación urxente.
As consecuencias que a pandemia do coronavirus ameaza con deixar tras de si, especialmente en países como Arxentina, Brasil ou Venezuela, impulsou ao goberno autonómico a reforzar esta partida cunha dotación inicial de 200.000 euros, que poderá triplicarse en caso de necesidade. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de novembro.
Trátase de axudas con carácter persoal e intransferible de até un máximo de 3.000 euros. Para os que esteades interesados, os requisitos son: carecer de rendas, ingresos e patrimonio para facer fronte á situación descrita, e acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevindas nun tempo próximo ao da solicitude (como máximo nos últimos doce meses) e que pola súa gravidade requiran unha actuación urxente.
Causas para solicitar a axuda
Entre as razóns para solicitar estas axudas figura a de atoparse no exterior en situacións de marxinación social; as situacións derivadas da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar; ou a carencia de alimentación, roupa, ou educación.
Ademais, tamén se inclúen las “situacións derivadas de problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea debidamente cuberto” ou con respecto aos cales a súa atención no Estado español suponga unha vantaxe significativa”.
Situacións de carácter asistencial
Así mesmo, quedan cubertas por esta convocatoria as situacións sobrevindas derivadas de graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual, e aqueloutras situacións de carácter social, asistencial ou humanitario que deriven na necesidade dunha intervención urxente.
Trátase dunha iniciativa da que pode resultar beneficiaria calquera persoa emigrante galega, así como os seus descendentes en primeiro grao, que posúan a condición de galegos residentes no exterior.