• Se o teu centro ou entidade sumouse a 'Reencontros co Xacobeo', xa podes consultar a listaxe dunha iniciativa que che permitirá coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas do Camiño de Santiago
14
Sep
2021

Máis dun centenar de galegos reencontraranse este outono coa súa terra. E farano grazas ao programa 'Reencontros con Xacobeo', unha  iniciativa que supón a recuperación dunha actividade de lecer para os galegos do exterior, e que se centra, con motivo do Ano Santo, na propia celebración do Xacobeo.

Así, todos aqueles que solicitásedes praza a través do voso centro ou entidade de España ou Europa inscrita no Rexistro da Galeguidade, podedes consultar xa a listaxe definitiva

Os seleccionados, maiores de 65 anos, poderedes coñecer o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando a través do Camiño así como tamén realizar actividades de balneario no lugar de aloxamento.

As actividades levarán a cabo na primeira semana de outubro para os que proveñades de Europa, e na segunda para os que cheguedes de centros situados en España.  

A Secretaría Xeral dá Emigración faise cargo da organización da viaxe, dos traslados dos participantes e custo dos billetes desde o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e mantemento en Galicia.

Compartir