• O programa de apoios extraordinarios facilita facer fronte aos gastos que todo viaxe de retorno leva aparellados, beneficiando nesta ocasión a galegos de ata 38 países diferentes
04
Jan
2021

A crise do coronavirus tivo consecuencias económicas en miles de familias galegas, entre as que poida que vos atopedes algún de vós, emigrantes retornados que acabades de volver á nosa terra.

Neste sentido, só o ano pasado máis de 700 familias galegas volvestes a casa contando para iso co apoio do programa de axudas extraordinarias, unha iniciativa que cada ano fomenta o goberno galego e que hoxe, máis que nunca, impulsouse para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, que derivou nunha crise social e económica que afecta en maior medida aos retornados e á súa inserción socio–laboral.

Este programa destínase a emigrantes retornados e ás súas familias, sempre que regresásedes  a Galicia desde o exterior nos últimos dous anos, e que necesitedes apoio para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados que todo retorno levado aparellados.

O obxectivo é facilitarvos o proceso de acompañamento, incluíndo para iso un complemento de 1.000 euros para as familias por cada fillo menor de idade ata o segundo, e de 1.500 para o terceiro e sucesivos.

Durante o último ano presentáronse máis de 900 solicitudes, aprobándose un total de 709. Por países, no continente americano destacan Venezuela, Arxentina e Brasil; mentres que en Europa figuran na cabeza o Reino Unido, Suíza e Alemaña. Como dato relevante, viuse reducido de maneira importante o número de retornados procedentes de Venezuela que demandaron estas axudas, aumentando número de galegos procedentes de Arxentina. En total, presentáronse a estas axudas galegos de 38 países de todo o mundo.

Podedes optar a estes apoios todos os descendentes por consanguinidade dunha persoa galega e nada na comunidade autónoma. Ademais, sodes tamén beneficiarios do programa os galegos, ou aqueles que esteades casados cun galego/a –ou teñades unha relación análoga a esta-, sempre que volvésedes á vosa terra nos últimos dous anos.

Compartir