• O goberno galego colabora con miles de fogares da colectividade fincados en distintos países, en particular Cuba e Venezuela, para paliar a situación de necesidade que atravesan
15
Jul
2020
Xornada de reforzo de solicitude de medicamentos para galegos residentes en Venezuela.

 

Cada ano, miles de fogares galegos de todo o mundo reciben unha pequena ou gran axuda por parte do goberno da súa rexión. Son fogares nos que a situación social do seu país resulta bastante máis delicada que na Galicia territorial; pero son fogares galegos a final de contas. Máis, se cabe, en época de pandemia, cando as necesidades, en moitos casos, multiplícanse. 

 

Neste escenario, o Goberno galego ha impulsado un ano máis o programa de axudas económicas individuais, colaborando nesta ocasión, de modo directo, con máis de 8.000 familias que recibirán axudas por un importe conxunto que supera os 2,5 millóns de euros. Un pago co que poderán facer fronte ás súas necesidades máis básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.  

 

A maioría dos fogares galegos beneficiados residen en Cuba (6.267) e Venezuela (1.637). O resto de familias distribúense en Arxentina, Brasil, República Dominicana e Uruguai. 

Sete tipos de axuda en función das necesidades 

 

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, determinan os criterios para a concesión destas axudas.

Ditas pautas son as seguintes:  

  • Por unidade familiar en situación de precariedade
  • Por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante
  • Por situación de dependencia o enfermidade grave no seo da unidade familiar
  • Por invalidez ou enfermidade permanente
  • Por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado
  • Para as mulleres que sofran violencia de xénero 
  • Para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar   
Compartir