• A taxa de actividade emprendedora en Galicia obtén o segundo mellor resultado en trece anos
15
Nov
2023

Estás a pensarse en volver a casa, Galicia configúrase como un lugar idóneo para emprender. Así o testemuña o último informe GEM Galicia 2022-2023, que elabora a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Xunta, e que sitúa a taxa de emprendemento no 5,4%, 0,6 puntos máis que en 2021, sendo o segundo valor máis alto desde 2010. Unha cifra que se complementa e mellora con outra: a porcentaxe de poboación con vontade de emprender en Galicia durante o próximos tres anos elévase ata o 8,5%.

Referido ás mulleres, o informe mostra que o emprendemento feminino segue crecendo, cunha taxa de actividade emprendedora feminina que se sitúa no 6,7 %, por encima da media deste indicador e case un punto e medio máis que en 2021 (5,3 % en 2021). 

Estas cifras demostran o papel relevante da muller á hora de emprender, o que pon en valor a igualdade de oportunidades á vez que achega diversidade, talento, innovación e maior produtividade ao tecido empresarial. 

O informe GEM, ademais, como novidade este ano, inclúe un manual, no capítulo 6, sobre o papel da economía social en Galicia, que representa o 7% do PIB autonómico e implica a máis de 100.000 persoas na comunidade. A economía social achega resistencia e fortaleza en períodos de crises e é, ademais, sustentable e baséase en valores como a equidade, a cohesión social e a solidariedade. Neste sentido, o estudo GEM destaca que o modelo da economía social é cada vez máis valorado, sobre todo para as persoas con formación universitaria, e sinala a existencia dun maior interese por algunha das fórmulas de economía social nas empresas de recente creación.

Este modelo destaca polos seus valores e porque tamén achega fixación de poboación no territorio, por iso a Xunta avoga pola economía social e acaba de iniciar a tramitación da nova Lei galega de cooperativas para axilizar a creación de novas entidades e estendelas a todos os sectores.

Compartir