• O Goberno galego concede axudas para impulsar un centenar de actuacións para a realización de obras e adquisición de equipamentos
03
Aug
2022
Hermandad Gallega de Caracas.

Galicia non se esquece dos centros galegos do exterior. E menos aínda coas circunstancias derivadas da pandemia, que hai algo menos de dous anos obrigaba a moitas entidades en todo o mundo a pechar as súas portas de modo temporal, prexudicando o desenvolvemento das vosas actividades e dificultando a viabilidade económica.

Un escenario no que o Goberno galego poñía en marcha unha nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que, cun orzamento de 575.000 euros, destinábase á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións.

A través deste programa aprobáronse case 100 solicitudes de entidades galegas para a realización de obras e para a adquisición de equipamentos dentro da liña deste ano.

Novamente, como no último exercicio, puidéronse acoller a esta liña todas as entidades, sen diferenza pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, os centros colaboradores da galeguidade, así como os centros de estudo e cultura galega.

As entidades puideron solicitar ata o 80% do investimento total para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Compartir