- Estas bolsas cobren a viaxe, a matrícula, o aloxamento e a manutención dos galegos do exterior que queirades cursar aquí un máster de post grao, con contías que oscilan entre os 7.000 e os 11.574 euros en función do voso país de procedencia
- O prazo de solicitudes abrirase canto antes coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e pecharase o próximo 30 de abril
Galicia volve abrir as portas do retorno a todos aqueles estudantes galegos do exterior que queiran cursar aquí os seus estudos de post grao. E faio, como vén sendo habitual, cunha nova convocatoria das bolsas BEME -acrónimo en galego de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-, anunciada onte polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Estas bolsas alcanzan así a súa sexta edición, e fano con incremento de prazas dispoñibles e de dotación económica. Así, destínanse 2,15 millóns para atraer a 250 titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñería ou arquitectura, que queirades cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades da nosa terra.
O obxectivo é impulsa así o retorno de currículos brillantes e facilitar que despois poidades continuar os vosos proxectos persoais e profesionais en Galicia. Para iso, esta sexta convocatoria pasa de 200 a 250 bolsas, no que supón, por segundo anos consecutivo, un incremento de 50 prazas. Ademais, e para facilitar o voso asentamento na Galicia territorial, o programa inclúe, unha vez máis, unha orientación laboral.
Requisitos para ser beneficiario ou beneficiaria e contía da bolsa
Para ser beneficiario dunha bolsa BEME debedes ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos másteres das universidades galegas.
A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Quen vos matricules nun curso de maior duración (90 créditos) dispoñedes dun orzamento de entre 10.500 ata 11.475 euros (en función do voso continente de orixe).
1.150 oportunidades de retorno
O obxectivo é que a publicación da orde realícese con moita brevidade no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que o prazo de solicitudes, que se pechará o 30 de abril, poida abrirse canto antes.
Con esta nova convocatoria, Galicia ofrecería, entre 2017 e 2022, incluíndo as equivalentes de FP, a posibilidade de retornar a un total de 1.150 mozas e mozos galegos do exterior no ámbito universitario.