• Desde 2018 beneficiáronse destas axudas 8.000 persoas retornadas
07
Jan
2022

Galicia facilitou durante o último ano o retorno de máis de 1.300 familias coas axudas para afrontar os gastos extraordinarios derivados da volta a casa. Unha actuación para a que o goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Emigración, destinou 2,4 millóns de euros.

Desde a aprobación da Estratexia Galicia Retorna, no ano 2018, beneficiáronse deste programa 8.000 persoas retornadas, que teñen unha idade media de 38 anos. O 35% das familias teñen, ademais, fillos menores de idade.

Estas axudas contan con dúas liñas, unha destinada a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno; e unha que ten por finalidade apoiar á unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual da pandemia. 

Como sabedes, podedes ser beneficiarios deste programa quen, residindo fóra de España con nacionalidade española, establecédesvos na comunidade autónoma, tanto quen naciches na propia comunidade autónoma como os vosos cónxuxes ou descendentes. Ademais, deberedes contar tamén co empadroamento en Galicia e residir legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do retorno.  

Nesta ocasión, as contías máximas da primeira liña ascenderon a 6.000 euros e, no caso da segunda liña, foron de ata 3.000 euros, todo dependendo do número de persoas que conformades a unidade familiar.

Compartir