• O acto de inicio do Xacobeo foi seguido por máis de 1,5 millóns de persoas en 33 países de todo o mundo
07
Jan
2021
Xacobeo

 

Hai xusto unha semana Santiago abría as súas portas a todas as xentes do mundo para comezar as celebracións do esperado Ano Santo que, nesta ocasión, e como consecuencia da crise sanitaria provocada polo Covid-19, prolongarase dous anos de modo excepcional

Este é un dos 'Xacobeos' máis esperados dos últimos anos, dado que se produce ao final do período máis longo da cadencia de celebración destes xubileus, 11 anos. Ademais, chega no medio dunha pandemia mundial e nel repousan as esperanzas non só de quen, movidos pola fe, farán o Camiño para obter a indulxencia, se non daqueles sectores económicos afectados polo coronavirus, que confían nunha reactivación.

 

As expectativas derivadas deste ano Santo póñenas de manifesto as cifras do acto de inicio do Xacobeo, seguido por máis de 1,5 millóns de persoas en 33 países de todo o mundo

 

O maior número de seguidores do evento produciuse a través das redes sociais oficiais de Turismo de Galicia e Camiño de Santiago, a través das que se conectaron 1,4 millóns de persoas. Os contidos audiovisuais publicados nestas redes suman xa preto de 1,7 millóns de reproducións que conseguiron máis de 25 mil likes.

Ademais, o documental especialmente creado para a ocasión e que serviu de peche para o acto de apertura do Xacobeo, a cargo de Carlos Núñez, xa leva acumuladas preto de 80 mil reproducións ata o momento nas canles de Youtube da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia.

 

A estratexia de distribuír o evento de apertura da Porta Santa a través das novas tecnoloxías permitiu así que a emisión en liña recibise comentarios procedentes de moitos puntos de España, Italia, Polonia, Xapón, Estados Unidos, Chile ou Arxentina, entre outros moitos países.

 

O inicio do Xacobeo puido seguirse en directo a través das pantallas situadas na praza do Gran Sablón en Bruxelas, en Dublín, na praza do Doumo en Milán, a que se situou na Catedral de Pistoia, na Haia ou en Buenos Aires.

Ademais, o acto foi difundido polas máis de 350 asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e os 150 centros galegos repartidos polos cinco continentes, así como polos centros culturais da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento ( AECID), que tamén colaboraron na difusión do acto, o que permitiu que miles de persoas coñecesen en directo a prórroga do Ano Santo ata 2022.

Xacobeo 2
Xacobeo 3
Compartir