- O mercado laboral galego xerou tamén 10.400 postos de traballo durante o último ano
Se estás a pensar en volver a Galicia, leste pode ser un bo momento para emprender. Durante o ano 2021, constituíronse unha media de 11 empresas ao día na nosa terra, ata alcanzar as 3.927, o que supón un 20% máis que as creadas en 2020.
Deste xeito, Galicia supera as cifras previas á pandemia, xa que no ano 2019 constituíronse un total de 3.792 compañías na Comunidade.
Esta cifra, relacionada co emprendemento, para o que este ano volveredes ter axudas todos aqueles galegos do exterior que queirades volver a casa, complétase coa de creación de emprego, coñecido hoxe e que permite encarar o futuro laboral con optimismo.
- O mercado de traballo galego xerou 10.400 emprego durante 2021
Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o desemprego en Galicia reduciuse en 7.600 persoas, unha 5,3 % fronte ao 16,5 % de media de baixada do conxunto de España de 2021.
No último trimestre do ano o paro subiu en Galicia un 6,5%, 8.300 parados máis, o que deixou o número de desempregados na comunidade en 135.100 e unha taxa de paro ao final de ano do 11,01%.