• A día de hoxe, 27 centros da Comunidade están adscritos á iniciativa Espazos de Tecnoloxía Aplicada, que busca converter aulas tradicionais en lugares tecnolóxicos ao servizo da formación e da adquisición de competencias
15
Dec
2022

A dotación de tecnoloxía aplicada nos centros é a aposta de Galicia para seguir consolidando a calidade e a especialización da Formación Profesional, recoñecida xa tanto a nivel nacional como internacional. Un compromiso que pon de manifesta o programa Espazos de Tecnoloxía Aplicada, entre os que figuran iniciativas como a aula dental DentaLeixa 4.0, operativa desde o pasado mes de outubro no Centro Integrado de FP Leixa, en Ferrol.

Este é un dos 27 centros de toda Galicia (23 CIFP e catro institutos) seleccionados para o mencionado programa, que se implantou por primeira vez o pasado curso pola Xunta de Galicia co obxectivo de converter aulas tradicionais en espazos tecnolóxicos ao servizo da formación e da adquisición de competencias.

Aula DentaLeixa 4.0

Así pois, no marco deste programa, cun investimento de 77.000€ de financiamento público, o Leixa habilitou unha nova aula dental DentaLeixa 4.0, un espazo formativo que simula unha avanzada clínica odontológica equipada con tecnoloxías dixitais de última xeración.

Neste caso, trátase dunha nova iniciativa que neste caso supón unha ferramenta para mellorar a formación dos 300 estudantes que cursan ciclos formativos das familias de Sanidade, Servizos socioculturais e á comunidade e de Artes gráficas, estes últimos como beneficiarios indirectos.  

Ademais, este proxecto é un exemplo da imbricación real entre o mundo académico e o empresarial, posto que o espazo poderá ser utilizado tamén polos colexios de odontólogos, higienistas e protésicos para actividades de formación continua na que tamén participarán os propios alumnos, así como por entidades e empresas a través de acordos de colaboración formativos. Deste xeito, achéganse aínda máis os ensinos formativos á realidade laboral e produtiva.

Prácticas bucodentais virtuais

O espazo da aula DentaLeixa 4.0 está composto dunha zona de entrada onde se sitúa a recepción con mostrador e computadores conectados á rede do centro, un espazo de atención ao público, outro de traballo para traballar en grupo, en rede e impartir docencia, e unha zona de mesados para aparataje, desinfección e esterilización de instrumental e armarios de ordenación.

No que se refire ao equipamento, a aula conta cun simulador virtual de hixiene bucodental (onde se poden realizar prácticas virtuais relacionadas cos distintos módulos formativos), equipos dentais innovadores (cámaras intraorales integradas e pantalla de computador que permitirá realizar a exploración a través de dita cámara e posibilita a emisión no momento das imaxes na pantalla), Vita Easy Shade para a toma de cor de maneira obxectiva, precisa e reproducible mediante o software que incorpora, e sonda peritodontal inalámbrica (que en pacientes con enfermidade periodontal é capaz de medir a bolsa periodontal, a recisión xenxival, a placa bacteriana e o sangrado entre outros).

Compartir