- O obxectivo é impulsar a formación en novas tecnoloxías do estudantado a través da realización de diversas actividades como cursos, seminarios ou programas formativos
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Univerdidade da Coruña (VDE) e a asociación para o impulso da economía do dato e a intelixencia artificial na industria, IndesIA, promoverán a formación de profesionais en materias relacionadas con 'big data' e a Intelixencia artificial (IA).
O obxectivo é impulsar a formación en novas tecnoloxías do estudantado, a través da realización de diversas actividades como cursos, seminarios ou programas formativos, así como a participación das empresas asociadas de IndesIA para a realización e presentación de casos de uso dentro dos programas desenvoltos dentro do acordo.
Deste xeito, e como apunta o reitor da USC, Antonio López, "a unión fortalece a capacidade para avanzar e para facelo de forma máis eficiente". Así, sobre a base da cooperación poderase coñecer de primeira man as necesidades da industria nun campo que se atopa en plena ebulición.
Pola súa banda, o reitor da UDC, Julio Abalde, pon o foco "na habitual relación da universidade co sector empresarial para ofrecer unha mellor docencia universitaria, necesaria en todos vos ámbitos, e máis aínda en temas tan novos como os que abarcan a enxeñería de datos e a intelixencia artificial".