• A reforma da lei electoral elimina a obrigación de pedir o voto con antelación e introducen modificacións para facilitar que poidades votar en urna nas embaixadas e consulados, ademais de por correo
27
May
2022

Era unha reclamación xa case histórica por parte de moitos dos que residides no estranxeiro; unha petición que, no caso de Galicia, afecta a medio millón de persoas. Miles de votos de galegos quedaban fóra das eleccións ao non chegar, en moitos casos, as papeletas a tempo debido á burocracia extremadamente esixente e os breves prazos para poder remitir o voto. Unha situación que esta semana, por fin, cambiou. Todos aqueles galegos que residides fóra teredes moitas máis facilidades para poder exercer o voso dereito na próxima cita electoral. 

A Comisión Constitucional do Congreso de España aprobaba esta semana unha reforma da lei electoral que pon fin ao chamado voto rogado, a obrigación de pedir o voto con antelación que desde 2011 tedes os españois que vivides no estranxeiro. No seu lugar introducíronse modificacións para facilitar que poidades votar en urna nas embaixadas e consulados, ademais de por correo, e para asegurar que as vosas papeletas cheguen a tempo para o seu escrutinio.

A proposición de lei elevarase agora ao Pleno do Congreso para a súa aprobación en xuño e a súa posterior remisión ao Senado, co que se calcula que estará no BOE/BOE no outono e que xa se aplicará nas próximas eleccións xerais.

O novo procedemento para os rexistrados no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) elimina o requisito de rogar o voto, que fixera baixar a participación a mínimos históricos, e permitirá que eses electores poidan descargarse as papeletas da internet, ademais de adiantar o envío tradicional da documentación electoral, co que terán abertas as dúas opcións.

Así mesmo, e para facilitar a participación electoral, ampliaranse os centros para votación en urna, non só as embaixadas senón todos os consulados e os centros oficiais que se habiliten. E do mesmo xeito, ampliaranse os horarios e días de votación. O que se rexeitou é a opción de voto  telemático e do voto por delegación pois aínda non se observan suficientes garantías.

Ademais, protexerase o envío dos votos emitidos no estranxeiro establecendo que se fagan chegar a España por valijadiplomática . En consecuencia, amplíase dous días o prazo do escrutinio para que as papeletas cheguen a tempo.

Outros cambios establecen que a Xunta Electora Central deberá facer un informe das medias que se vaian tomando e que o CERA se actualizará cada cinco anos para ter máis localizados aos electores.

Compartir