• 150 emigrantes galegos en Europa, maiores de 65 anos, poderán volver a Galicia en outubro grazas ao novo programa 'Reencontros co Xacobeo'
19
Jul
2021

Se es emigrante galego, resides en España ou noutro país de Europa e cumpriches 65 anos ou máis, estás de parabén. Tras o parón obrigado pola pandemia, o goberno galego retoma o programa 'Reencontros co Xacobeo', unha iniciativa coa que ofrece ata 150 prazas aos nosos maiores para vir a Galicia neste outono. 

Deste xeito, ata o próximo 16 de agosto permanecerá aberta o prazo para a inscrición nesta convocatoria, que se realiza a través das entidades galegas do exterior das diferentes comunidades autónomas e de Europa, inscritas no Rexistro da Galeguidade.

A posta en marcha deste programa supón a recuperación dunha actividade de lecer para os galegos do exterior, centrándose, con motivo do Ano Santo, na celebración do Xacobeo 21-22.

Esta iniciativa permitirá aos galegos do exterior coñecer o patrimonio cultural e natural das respectivas zonas polas que vaian pasando a través do Camiño así como tamén realizar actividades de balneario no lugar de aloxamento.

En total, ofértanse 150 prazas para centros galegos situados en España e en Europa, realizando as actividades na primeira semana de outubro as persoas procedentes de Europa e na segunda as de España.  

A Secretaría Xeral dá Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados dos participantes e custo dos billetes desde o lugar de residencia destas persoas, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e mantemento en Galicia.

Compartir