• 150 emigrantes galegos en Europa, maiores de 60 anos, poderán volver a Galicia en outubro grazas ao novo programa 'Reencontros de lecer'
  • A iniciativa busca compensar as limitacións actuais das viaxes do Imserso, que reduciu a participación a aqueles emigrantes que acrediten ser pensionistas do Sistema de Seguridade Social do Estado español
03
Jul
2020

 

Se es emigrante galego ou fillo de emigrante, tes a nacionalidade española, resides en Europa e cumpriches 60 anos ou máis, estás de parabén. O goberno galego acaba de poñer en marcha o programa 'Reencontros de Lecer', unha iniciativa coa que ofrece ata 150 prazas aos nosos maiores para vir a Galicia neste outono. 

A iniciativa nace para compensar as limitacións actuais das viaxes do Imserso, que reduciu a participación a aqueles emigrantes que acrediten ser pensionistas do Sistema de Seguridade Social do Estado español, o que reduce en gran parte o número de beneficiarios galegos.

Para suplir esta situación, aqueles que non poidades beneficiarios das viaxes do Imserso, tedes á vosa disposición ' Reencontros de lecer', unha posibilidade única para que poidades volver a Galicia aqueles que un día tivestes que emigrar.

Desde mañá, e ata o próximo 3 de agosto, podes solicitar algunha das 30 prazas dispoñibles para residentes en Alemaña, mesmo número que para Francia, Reino Unido e Suíza, quedando outras 30 para o resto de países europeos.

Os que aproveitedes esta ocasión gozaredes dunha semana nalgún dos hoteis balneario de Galicia. Non o dubides. Volve e estreita os teus vínculos coa terra que che viu nacer. Galicia non vos esquece. 

RESERVA XA A TÚA VIAXE!
Compartir