• Continuamos cos podcast sobre a diáspora da man de Laboratorio de Radio. Hoxe o son conecta dúas beiras (orelas) afastadas para dar forma aos mellores xogos de mesa. Queres escoitar o resto?
30
Jun
2022

Volve Orela Podcast, o proxecto de Laboratorios de Radio que conecta beiras (orelas) de todo o mundo para mostrarnos unha parte desa Galicia emigrante, universal e retornada.

Hoxe, o podcast condúcenos directo ata Reunión, unha illa francesa situada no Océano Índico, ao leste de Madagascar. Un pedacito de terra desde o que tamén se pode volver a Galicia. Sábeno Germán e María, creadores de Buscalume , editorial de xogos de mesa. Na súa cabeza flúen ideas e conceptos que se materializan niso, en xogos, en momentos que compartir e lembrar.

É o caso de Cairos, unha entretida aventura que conxuga pizza, cans con superpoderes e mapaches místicos. O relato resulta inesquecible, como inesquecible é tamén esta historia de diáspora, de idas e vindas, que, como tantas, conta co apoio das axudas ao retorno emprendedor que cada ano promove a Xunta de Galicia.

Que feixes que non estás xa escoitando o resto con detalle?

Compartir