• O importe da axuda oscila entre os 8.000 e os 12.500 euros dependendo da rexión de orixe e do número de créditos a realizar
21
Oct
2024
Acto de bienvenida a los becarios de este año.

Se estás a pensar en volver a Galicia, esta información interésache: as bolsas BEME amplían o seu orzamento e ábrense aos estudos de grao.

En 2025, o programa das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), impulsado pola Xunta de Galicia, contará con 2,7 millóns de euros e ampliará a súa oferta a estudantes de grao.

Estas bolsas, pioneiras desde 2017, non só responden a unha débeda histórica coa diáspora galega, senón que tamén son clave para atraer talento cualificado e fortalecer o tecido produtivo de Galicia.

Neste sentido, cabe destacar que preto do 80% dos bolseiros elixen quedar en Galicia tras a súa formación, o que contribúe a fixar poboación e cubrir vacantes no mercado laboral, especialmente en zonas non urbanas.

O programa BEME forma parte da Estratexia Galicia Retorna, que busca facilitar o regreso de 30.000 galegos e descendentes ata 2026, con accións que inclúen tamén axudas ao emprendemento e ao emprego.

250 mozos cada ano

Con este programa pioneiro, a Xunta oferta, a galegos universitarios residentes fose de Galicia desde hai máis de dous anos ou descendentes de galegas e galegos con titulación superior, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nalgunha das tres universidades públicas.

Na presente edición participan 250 mozos, a maioría procedentes de Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido. Deles, 113 cursan os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 84 na de Vigo (UVigo) e 53 na da Coruña (UDC), nun total de 81 titulacións diferentes, en áreas como as ciencias sociais e xurídicas, enxeñería e arquitectura, ciencias, saúde e arte e humanidades.

A bolsa, cun importe que varía entre os 8.000 e os 12.500 euros dependendo da rexión de orixe e do número de créditos a realizar, cobre gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e mantemento en Galicia.

Desde o ano 2017, e cun investimento total de 12,3 millóns de euros, as bolsas BEME xa permitiron o retorno de 1.500 mozos.

Compartir