- As axudas, destinadas a aqueles que esteades a pensar en volver a Galicia para cursar os vosos estudos de posgrao, aumentan ata conseguir bolsas de entre 7.500 e 12.000 euros, en función da duración do máster e do voso continente de orixe
Se estás a pensar en volver a Galicia, hoxe tes unha boa noticia. As bolsas BEME que cada ano oferta o Goberno galego para facilitar a volta a casa de mozas do exterior, aumentan a súa contía. En concreto, a Secretaría Xeral da Emigración inclúe nos seus orzamentos para este ano un incremento medio de máis de 500 euros nestas axudas que facilitarán que 250 universitarios galegos regresedes á nosa terra para estudar un máster.
Estas bolsas teñen un dobre obxectivo:. Dun lado, que os mozos no exterior melloredes vosa, e, doutro, que vos incorporedes ao mercado laboral fixando a vosa residencia en Galicia. Con este fin, a Xunta autorizou o aumento na contía individual de para a nova convocatoria. O incremento, que oscila entre os 750 e os 350 euros en función da duración do máster e o voso continente de orixe, elevará o orzamento total desta medida ata os 2,3 millóns de euros. Unha subida que busca, tamén, paliar os efectos da inflación que está a se rexistrar a nivel mundial.
O Goberno galego ofertará un total de 250 bolsas para titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñería ou arquitectura, que poderedes cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades galegas. A medida, incluída na recentemente aprobada Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, pretende facilitar o retorno de galegos de alta cualificación do exterior, á vez que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial.
Con este obxectivo, os beneficiarios destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende, non só captar para Galicia o talento máis brillante, senón tamén facilitarvos o voso establecemento definitivo en Galicia. Para iso, a Xunta deseñou unha oferta académica centrada en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego.
Prepara xa a túa solicitude
A partir de febreiro abrirá unha nova convocatoria do programa, que chega xa á súa sétima convocatoria. Neste sentido, e para que poidades ir preparando xa toda a documentación necesaria para solicitar unha destas bolsas BEME, a Secretaría Xeral da Emigración ten en marcha un servizo de acompañamento e asesoramento personalizado a través da súa páxina web GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal para facilitar información sobre a documentación que necesitades para optar a estas bolsas, ademais de asesorarvos no que preciseis. Trátase dunha campaña de promoción a través desta ligazón que se pode consultar na páxina web da Secretaría Xeral dá Emigración.
Para ser beneficiarios da iniciativa debedes ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitidos na preinscrición dalgún dos másteres das universidades galegas.
Á convocatoria do ano pasado das BEME presentáronse case 532 solicitudes procedentes de preto de 35 países distintos, un 12 % máis que o ano anterior. Con esta nova orde ofrecéronse, entre 2017 e 2023, incluíndo as bolsas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que ofertan prazas de FP, a posibilidade de retornar a un total de 1.400 mozos galegos do exterior no ámbito universitario.