• Se es galego, resides no exterior e tes menos de 40 anos, ata o 24 de outubro podes solicitar una as bolsas para retornar a Galicia e cursar aquí FP de nivel básico
05
Oct
2022

Galicia quere que volvas. E tes todos os motivos do mundo para facelo. Porque é a túa terra ou a terra dos teus pais ou avós, e necesítala para reencontrarche coas túas raíces, coa túa familia, que che espera e anímache a empezar unha nova vida aquí. Porque é un lugar de oportunidades, persoais e laborais, á vangarda en ámbitos como a economía, o sector TIC, o emprendemento ou a educación. Porque a comunidade ten que seguir avanzando e Galicia necesita aos galegos repartidos polo mundo e o voso talento para facelo. Porque todos os recursos e axudas económicas están ao voso alcance para iniciar este regreso.

balanza migratoria está a inclinarse. E estao facendo porque cada ano sodes máis os que aproveitades as oportunidades e decidídesvos a retornar. Posibilidades como as que facilita o programa Retorna Mocidade, do que poderedes beneficiarvos este ano ata 54 mozos para que queirades cursar en Galicia os vosos estudos de FP, para o que o goberno galego ofrécevos unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e o mantemento durante o próximo curso 22-23.

Para facilitárvolo, a Xunta ampliou ata o día 24 de outubro o prazo para poder solicitar unha destas bolsas. Os beneficiarios recibiredes un primeiro pago de 3.700€ no primeiro trimestre do curso (co único requisito de estar matriculado) e un segundo pago de 2.800€ no segundo trimestre da formación. Neste caso o alumno deberá aprobar o 70% dos módulos cursados no primeiro trimestre.

Centros e requisitos

As axudas van destinadas a cursar formación específica básica de Albañilería e fontanería no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, na Coruña; e de Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións nos CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol), a razón de 18 prazas en cada centro. 

A convocatoria -en réxime de concorrencia competitiva- está dirixida á cidadanía galega residente no exterior que cumpra unha serie de requisitos como ser menor de 40 anos, posuír a nacionalidade española, acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude

Ademais, é necesario ser emigrante nada ou nado en Galicia ou residir en Galicia de maneira continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra algunha destas condicións e nacer no estranxeiro.  

Compartir