• Se tes entre 18 e 20 anos, es galego ou descendente de galegos e resides no estranxeiro, solicita a túa praza antes do próximo 20 de maio
10
May
2024

tres cidades no mundo creceron ao redor dunha tumba. O resto, a abafadora e inmensa maioría, fixérono teniendo en cuenta posicións estratéxicas -ríos, mares, campos ou montañas-, ou por cuestión de pragmatismo cando o tempo e a civilización foron medrando.

Esas tres urbes, como sabedes ou imaxinades, son Roma, Xerusalén e Santiago. Lugares de peregrinación que, no caso de Compostela, vertebra a vella Europa desde sempre, dotando de sentido a un roteiro, a xacobea, que se configura como unha experiencia espiritual, cultural e persoal que atraeu a millóns de peregrinos ao longo dos séculos.

Porque o Camiño de Santiago ofrece a oportunidade de percorrer carreiros históricos, atravesar paisaxes impresionantes e descubrir a rica diversidade cultural das rexións que atravesan. É unha viaxe de contrastes que leva aos camiñantes a través dunha variedade de terreos e contornas naturais.

Unha experiencia única e un mundo por descubrir que, se es novo -entre 18 e 20 anos-, galego e resides no exterior, aínda estás a tempo de gozar este verán grazas ao programa "Conecta co Camiño".

Esta iniciativa busca promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade dunha terra actual e moderna,

En total, ofértanse 60 prazas, distribuídas entre os diferentes países con maior presencia de colectividade galega. Os beneficiados aloxarédesvos na residencia xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.

Pero dávos présa: o prazo de inscrición finaliza o próximo 20 de maio!

O programa desenvolverase a través do percorrido por oito tramos galegos a pé polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela, así como na participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vinculado á zona da contorna.

A iniciativa, para moitos vós, supoñerá a primeira oportunidade de coñecer a terra dos vosos avós. Un motivo máis para que a experiencia resulte inesquecible.

Para iso, o goberno galego asume a organización da viaxe, dos traslados dos participantes e o custo dos billetes desde o lugar de residencia, en función do voso nivel de renda.

Compartir