• O goberno galego suma 1 millón de euros para esta iniciativa, ao que hai que engadir outros 150.000 euros do programa de repartición de medicamentos
04
Nov
2020
Bandera Venezuela

1.400 familias galegas residentes en Venezuela beneficiaranse este ano das axudas económicas que o goberno galego promove cada ano co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos fogares galegos do exterior, en un contexto difícil de seu en casos como o da república suramericana, e que se viu agravado este ano pola actual pandemia de Covid-19.

Neste sentido, o goberno galego ha incrementado os apoios alcanzando a 400 familias máis con respecto ás 1.000 coas que se colaborou durante 2019. Cada unha delas percibirá ao redor de 800 euros, sumando así o programa un investimento conxunto máis de 1 millón de euros.

A maiores, tamén se destinan 150.000 euros para a entrega de medicamentos en colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela, que será a encargada de distribuilos.

Trátase de medicamentos de difícil acceso en Venezuela e moi necesarios para a poboación, como pode ser a insulina.

Para o reparto das axudas e dos medicamentos xogan un papel destacado a Hermandad Gallega de Venezuela e as outras tres entidades de galegos no país: o Centro Gallego de Maracabio, o de Puerto La Cruz e a Hermandad Gallega de Valencia. Todos eles son o fío condutor que une á nosa terra coas familias do exterior, en especial con aquelas que máis o necesitan.  

“O apoio da Xunta de Galicia a estas entidades é o apoio de todos os galegos aos nosos compatriotas en Venezuela. É o momento de axudarnos como familia que somos, e como tal, Galicia non vai fallar”, o responsable de Emigración do Executivo galego, Antonio Rodríguez Miranda.

Neste sentido, a Irmandade Galega de Venezuela conta na actualidade con máis de 11.000 socios a quen brinda un importante labor social e lúdica, ofrecendo aos seus membros máis de 19 disciplinas deportivas, 15 agrupacións folclóricas -4 grupos de baile, 2 agrupacións corais, 3 grupos culturais de teatro e dúas bandas de gaitas-, así como accións sociais a través da oficina de benestar e asuntos sociais, en colaboración coa Xunta de Galicia. 

Compartir