• Hoxe lembramos a historia de 8.000 galegos, “traballadores excelentes” que valían por tres, que participaron no desenvolvemento dun dos grandes fitos construtivos do século XX. A Fundación Nosa Terra deu a coñecer o proxecto ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo
15
Sep
2021
Un grupo de galegos no Canal de Panamá. Foto: prensa.com

O 15 de Agosto de 1914 inaugurábase a Canle de Panamá: 82 quilómetros de navegación para unir o Pacífico co Mar Caribe. Na súa construción participaron máis de 75.000 obreiros, dos que 9.000 eran españois, na súa inmensa maioría galegos, apreciados xa entón polo mismísimo Roosevelt, consciente das súas capacidades para impulsar unha obra que transformou aos Estados Unidos de América nunha superpotencia mundial.

Hoxe, máis de 100 anos, a Fundación Nosa Terra de Panamá se ha proposta recuperar aquel legadoNas últimas horas, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu ao presidente da Fundación Nosa Terra, Ricardo Gago, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen lle presentou o proyecto dun monumento que resume a historia de ao redor de 8.000 galegos anónimos, pero inmensamente apreciados polo soado enxeñeiro John Frank Stevens, encargado da construción da Canle, que puxo como condición para aceptar o cargo de Enxeñeiro Xefe do proxecto o poder contratar a traballadores galegos e traelos a Panamá.

Atraídos polas condicións e os soldos, aos poucos foron chegando a Panamá máis e máis fillos da nosa terra, primeiro desde Cuba, máis tarde desde Galicia. “Traballadores excelentes”, subliña Stevens, capaz de enfangarse, co lodo ata a cintura, ata dez horas ao día nun clima hostil e rodeados de enfermidades tropicais mortais.

Traballadores da Canle. Foto: prensa.com

Concluída a obra, en 1.914, moitos daqueles galegos quedaron, impulsando alí a súa vida e os seus proxectos persoais e profesionais. Emigrados que fixeron posible un dos grandes fitos construtivos do século XX, e para os que agora se proxecta un monumento co que renderlles homenaxe.

“Para Galicia sería unha cuestión de xustiza poder levar a cabo a instalación deste memorial a todos eses galegos que formaron parte dunha obra de enxeñería tan esencial para o desenvolvemento económico da humanidade”, explica Rodríguez Miranda.

A idea da construción dun monumento xurdiu o ano pasado, en plena pandemia, cando a Fundación comezou a recoller datos sobre a obra destes 8.000 galegos dos que cada un, tamén en palabras de Stevens, valía por tres dos seus compañeiros.


Durante o encontro, Ricardo Gago transmitiulle a Feijóo que a escultura contará cunha das pas, como elemento simbólico, coas que traballaron estes galegos, moitos dos cales se asentaron en Panamá onde formaron unha familia.


 

Compartir