• O operativo comezou hai case un mes co traslado por mar da vela ríxida que saíu de Vigo e percorreu 4.200 millas náuticas para chegar ao seu destino: o barco de Orpagu no Pacífico
08
Jun
2021
Balueiro Segundo

A Organización de Palangreiros da Guarda, a máis importante do sector en Europa, volveu a situar á nosa terra á vangarda grazas á súa aposta pola innovación, o coidado ao medio ambiente e a sustentabilidade: a colocación dunha vela ríxida no 'Balueiro Segundo', que loce estes días en augas de Panamá tras un traballo de tres anos, e que fan do pesqueiro o primeiro do mundo en contar con esta infraestrutura

Un proxecto pioneiro que foi liderado por Orpagu e bound4blue, e no que tamén participaron outras compañías como a viguesa de enxeñería naval Insenaval ou a empresa norueguesa Kyma, líder en monitoraxe da eficiencia de buques mercantes que será a responsable de monitorar e validar o aforro de combustible e emisións durante os próximos meses de probas no Océano Pacífico.

Con esta vela de 12 metros de altura preténdese conseguir unha maior eficiencia enerxética, potenciando a utilización do vento para reducir o uso de combustible e as emisións contaminantes. A vela ríxida ha experimentado algunhas modificacións tras un primeiro prototipo máis alto e flexible, pero menos adecuado para un palangreiro, e agora dispón dun sistema de control autónomo, polo que non require de tripulación adicional para manexala.

O proceso de ensamblaxe da vela no pesqueiro comezou hai case un mes co traslado por mar da vela ríxida que saíu de Vigo e percorreu 4.200 millas náuticas para chegar ao seu destino: o barco de Orpagu no PacíficoRealizadas xa as últimas probas de control e superada tamén con éxito a de estabilidade, esta mesma semana ou a principios da que vén o barco fará a súa primeira travesía.

Un aforro de ata un 30% en combustible

Este sistema da empresa cántabra, que conta con todas as garantías de seguridade e fiabilidade que lle outorgan a aprobación por parte de Bureau Veritas e a Dirección Xeral da Mariña Mercante española, utiliza o vento para propulsar o buque, reducindo desta forma o consumo de combustible e, por tanto, a pegada de carbono. A norueguesa Kyma encargarase de validar o aforro de combustible, que todo apunta a que estará en torno ao 30%.

"A tecnoloxía ten e debe ter un carácter humano e natural. É absurdo e pouco eficiente desde todos os ámbitos, incluído o económico, medirse en duelo coa natureza en pos dun avance tecnolóxico desnaturalizado. É conveniente desandar eses camiños erróneos e atopar a maneira de convivir", sostén a directora xerente de Orpagu, Juana Parada.

"A instalación no 'Balueiro Segundo' representa un fito para a compañía como primeiro paso cara a futuras instalacións en barcos de maiores dimensións e diferentes segmentos, como buques tanque, graneleros, Ro-Ro ou buques de carga xeral. O noso sistema é totalmente escalable e xa contamos cunha versión de 17 metros de altura en fabricación, totalmente abatible, que se instalará nun buque de carga xeral tras o verán deste ano', explica José Miguel Bermúdez, CEO e cofundador de bound4blue.

Compartir